14/05/25

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 CADERNOS VIAXEIROS: AS NOSAS CANTIGAS

Nesta semana das Letras Galegas adicadas ás Cantareiras e á poesía popular oral, queremos compartir con vós o resultado dos Cadernos Viaxeiros: As Nosas Cantigas, un proxecto no que participamos 21 centros educativos das catro provincias galegas, que botamos a andar, da man de aclasede_fun, a comezos de curso, e por fin o podemos compartir con toda a comunidade educativa.

Abaixo podedes acceder ao documento e gozar coas diferentes achegas dos máis de dous mil nenos e nenas que coma vós, xunto coas súas familias, veciños e amigos/as fixeron este traballo de memoria para recordar aquelas cantigas, ditos, refráns, xogos de botar a sortes, cancións... que lles cantaban e contaban as súas nais, avoas e bisavoas, co obxectivo de manter viva a nosa tradición oral.

Dende o EDLG agardamos que o desfrutedes moito!!

RELACIÓN DOS CENTROS PARTICIPANTES 

  1. CEIP PLURILINGÜE A FRAGA (As Pontes) 

  2. CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA (As Pontes) 

  3. CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA (As Pontes) 

  4. IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ (As Pontes) 

  5. CEIP JOSÉ MARÍA LAGE (Ortigueira) 

  6. CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE (Cariño) 

  7. CEIP SAN ISIDRO (Neda) 

  8. CEIP DE PIÑEIROS (Narón) 

  9. CEIP PLURILINGÜE DE SIGÜEIRO (Oroso) 

  10. CEIP BERGANTIÑOS (Carballo) 

  11. CEIP DE TEIXEIRO (Teixeiro - Curtis) 

  12. CEIP PLURILINGÜE  CELSO EMILIO FERREIRO (Cerceda) 

  13. CEIP PLURLINGÜE SANTA RITA DE GALDO (Viveiro) 

  14. CEIP PLURILINGÜE DE COVAS (Viveiro) 

  15. CEIP PLURILINGÜE GREGORIO SANZ (Ribadeo) 

  16. CEIP PLURLINGÜE  DE SESTELO - BAIÓN (Vilanova de Arousa) 

  17. CEE VILAGARCÍA (Vilagarcía) 

  18. CEIP AMOR RUIBAL (Barro) 

  19. CEIP VILAVERDE – MOURENTE (Pontevedra) 

  20. CEIP PLURLINGÜE SAN ROQUE DE DARBO (Cangas) 

  21. CEIP PLURLINGÜE RAMÓN OTERO PEDRAYO (Amoeiro) 

      

Hecho con Padlet

Ningún comentario: