15/04/24

TRAZOSCLASS

 Dentro da nosa Biblio Creativa, contamos cun taller moi especial para o alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria da man de Trazosclass de Redondela! A través da personaxe de Ratatuille adentrámonos no mundo da creatividade e elaboramos uns menús cheos de imaxinación!!!! 🍴🍵🍲🍳










14/04/24

DÍA DO POBO XITANO: 8 DE ABRIL

 Para conmemorar o Día do Pobo Xitano, no contexto lingüístico de 1º e 2º traballaron o conto "Alma" e fixeron unha entrevista coma se fixeran as preguntas e posibles respostas da protagonista do conto.

Tamén tivemos un ratiño de baile e cante! 💃😍




10/04/24

MATES NO TEU SÚPER

O alumnado de 5° de Primaria, visitou este martes o supermercado Eroski para aprender a facer unha compra responsable e calcular o prezo dos productos.

Primeiro buscaron e compararon prezos e cantidades dos envases, fixeron a compra dun almorzo saudable, con todo o necesario: froita, lácteos e cereais, incluíndo na compra algún producto galego mínimo, e calculando o importe do q tiñan q pagar. Na caixa explicáronlles a necesidade de levar a bolsa reutilizable, e como comproban o diñeiro para detectar billetes falsos. Tamén realizaron unha actividade na q tiñan q calcular o importe e o cambio despois de mercar varias unidades de productos coa oferta da segunda unidade ao 50%.

Practicando nun contexto real, apréndese moito mellor!!! Gracias supermercado Eroski!!!