30/11/18

" CONTOS DO RECREO"

O alumnado 2º e 3º de primaria asistiu, no teatro Pastor Díaz, á representación da obra "Contos do recreo" de Redrum Teatro. Un espectáculo visual e músical, sobre o acoso escolar, no que se mezclaban personaxes reais con monicreques.




26/11/18

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,#equaliter

Colaboramos xunto con outros centros no proxecto #equaliter: contra a violencia de xénero

Luz Pozo Garza, filla adoptiva de Viveiro

A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Naceu en Ribadeo pero aos 8 anos viuse vivir a Viveiro.

BIOGRAFÍA


VISITA Á GRANXA DE CORAIS

Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria visitaron a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro, dentro da campaña Mares de cultura. Primeiro, Carlos fíxolles unha presentación na que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles,como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral,.. Tamén viron diferentes tipos de corais. Despois visitaron a granxa e finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!





21/11/18

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN

O día 19 de novembro celebramos o Magosto e máis o Día do peón. Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que mandamos asar á Panadería de Covas agás unhas poucas que asou Leti de xeito tradicional.Os alumnos e alumnas prepararon,con materiais de refugallo( xornais, envases de leite,..), contenedores para metelas e os maiores do centro, o alumnado de 6º, repartiu as castañas aos compañeiros e compañeiras e axudou aos máis pequeniños a pelalas. Despois disfrutamos cos xogos populares grazas a axuda, como non, dos nosos alumnos e alumnas de 6º que exerceron de monitores.Axudaron aos demáis nenos e nenas nos diferentes xogos e coidaban que todos o pasaran ben.Xogamos á corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guiar o aro e ata pescamos castañas. Tamén tivemos unha exhibición de auténticos expertos bailando o peón e unha exposición de peóns decorados.

01/11/18

SAMAÍN- HALLOWEEN

Escape Room é un xogo de equipo que ten por obxectivo saír dunha habitación resolvendo unha serie de probas).
 Traballouse sobre a lenda "A cova da doncela", e a raíz dela os nenos e nenas tiveron que superar probas, resolver unha serie de enigmas e atopar un sobre para desenfeitizar á doncela.
Houbo probas de habilidade (resolver un crebacabezas, tirar arañas en vasos, buscar unha chave nunha caixa chea de bolas...), de coñecementos matemáticos e do corpo humano,... Empregaron os Escornabots, buscaron un libro na biblioteca, responderon a preguntas a partir dunha canción, buscaron en internet...
Participaron todos os nenos e nenas do colexio, aínda que algúns dos máis pequeniños non quixeron porque lles daba medo.
 Os alumnos/as de 6º actuaron de monitores e bailaron, actuaron... para dar ambientación á actividade.
Agradecemos a participación de Madison e  Lorena que fixeron moi ben os seus respectivos papeis de bruxa e doncela.

Halloween- Escape Room from María Rolle on Vimeo.