23/01/18

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Este é o título do proxecto monográfico que imos levar a cabo durante o segundo e terceiro trimestre dende a biblioteca.
 Este proxecto está adicado á filosofía e o proceso de aprendizaxe e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso do pensamento e a actitude crítica así como ensinar aos nenos e nenas a pensar".
Obxectivos
-Motivar aos nenos e nenas cara ao proceso da mente, como desenvolver a intelixencia.
- Buscar información na rede sobre os pensadores/filósofos máis relevantes e os campos nos que desenvolveron as súas investigacións.
- Fomentar a curiosidade e a creatividade.
- Empregar a bibliografía sobre o tema, especialmente libros informativos, xogos de pensar, xogos de mesa, a internet.
- Traballar en equipo.
- Buscar a colaboración das familias para actividades relacionadas co tema.

A PATRULLA VERDE

Os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria, motivados pola iniciativa “Mensaxe nunha botella”, decidiron formar a Patrulla verde. Un grupo de alumnos e alumnas que vixiarán que se manteña limpo o patio e se recicle correctamente. Para animar ao resto dos nenos e nenas do colexio a formar parte dela gravaron este anuncio publicitario que foi todo un éxito. Agora xa son máis de 100 membros, que patrullarán á hora do recreo a partires do vindeiro 1 de febreiro.

09/01/18

O APALPADOR- FESTA DO NADAL

Residentes de DOMUSVI (antes Geriatros) visitaron o noso centro e deleitaron aos nenos e nenas coa escenificación do libro: "O Apalpador e a castaña máxica". Para rematar o trimestre achegouse ata o centro Papá Noel e un Rei Mago.Entregaron unha morea de agasallos aos nenos, nenas, profesorado e personal non docente do centro. Os nenos e nenas de infantil e primaria cantaron unhas panxoliñas adicadas aos nosos invitados especiais. Despois fumos todos á biblioteca para ver unha obra de teatro representada polos nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca. A obra levaba por título "Que lio de libros" (escrita e dirixida pola nosa compañeira María Rolle Ínsua)facendo referencia á organización e formación de usuarios da biblioteca e remataron cun Bibliorap.
Panxoliñas e visita do Rei Mago e Papá Noel.
O Apalpador - Que lío de libros!

MERCADILLO SOLIDARIO

O día 14 de decembro visitamos a Residencia de Maiores DOMUSVI(antes Geriatros) onde se celebrou un Mercadillo Solidario a favor da Cruz Vermella co galo de recaudar fondos para mercar xoguetes que recibirán os nenos e nenas de familias sen recursos.
Os nenos e nenas do centro dende Infantil ata 6º de primaria fixeron  manualidades para vender no mercadillo. Houbo moita variedade: postais de Nadal, bolsas para agasallos, colgantes, caixas de regalo, imáns feitos con pinzas, bolas de neve, estrelas, coronas... todo feito con moita ilusión para colaborar nunha acción tan fermosa.
No mercadillo solidario en DomusVI
Ademais os nenos e nenas de 6º estiveron aforrando para ser solidarios. Despois de visitar o Mercadillo aproveitaron para entrar nun supermercado do barrio. Cos cartos que aforraron na compra de chuches, mercaron alimentos non perecedeiros (legumes, pasta, café...) para donar a Cáritas cara á campaña de Nadal.
OS/AS DE 6º IMOS DE COMPRAS SOLIDARIAS.

OBRADOIRO BANDA DE GAITAS "CACHARELA" DE COVAS

Recibimos a visita da Banda de Gaitas Cacharela de Covas. O director Rodrigo e Héctor, un antigo alumno do centro, faláronlles aos nenos e  nenas sobre os instrumentos de percusión que tocan na banda; dende as cunchas ata o bombo. Ensináronlles as diferentes partes e interpretaron algunhas pezas.  Tamén tocaron a gaita e invitaron á alumna Sara Lópeza a acompañalos.
Banda de Gaitas Cacharela de Covas.

XOGANDO COS ESCORNABOTS

No mes da ciencia, traballamos cos Escornabots na biblioteca cun grupo de alumnos/as de 1º de primaria.
Nunha plantilla con portadas de libros facíamos preguntas sobre o mesmo (nome dos protagonistas, personaxes, datos sobre o contido do libro, autores...) e tiñan que ir movendo o escornabot ata a casilla coa portada correcta. Tamén fixemos unha competición entre dous escornabots, dando unha pregunta sobre os libros tratar de introducir varias ordes ao robot para chegar a unha casilla determinada.