24/02/21

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

 

    Para homenaxear á nosa escritora máis universal, as nenas e nenos de 6º fixeron este video-rap sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.


 Preme na imaxe


 


 



20/02/21

DÍA DE ROSALÍA ( 24 de Febreiro)

 

        No Portal da Lingua Galega, no espazo dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, aparecen recursos  moi útiles para facer un interesante repaso da vida e obra de Rosalía de Castro como:


  • O genially, elaborado por  un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino




  •  E  o vídeo  Tik Tak Draw que o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X de Ourense, logo de pedir a autorización dos  seus ilustradores, dobrou ao galego, coa voz de Uxía Salgado, alumna de 6.º de Primaria.Contando coa axuda da Fundación Rosalía de Castro e outros membros dos EDLG de Galicia.





       María Rolle Ínsua , a mestra de inglés, que xa sabeses que tamén é escritora ( lembrades o seu libro " Esta non é outra historia de piratas")  preparounos :

  • UNHA RULETA DE PALABRAS E 
  • UN XOGO DE MEMORIA


     A xogar e, como non,  aprender.








 

    E para rematar os Bolechas falan de Rosalía








11/02/21

DÍA DA MULLER E AS NENAS NA CIENCIA ( 11 de Febreiro)

 

    Aproveitamos o vídeo da campaña #NoMoreMatildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar o Efecto Matilda  para  homenaxear a todas as Mulleres científicas e as Nenas que nun futuro tamén  queren ser científicas.

 

 


    



    As alumnas de 6º, gravaron este vídeo, no que nos mostran a loita das mulleres para poder exercer o seu traballo en tempos nos que estudar unha carreira científica era todo un reto para elas