26/04/19

MARÍA ROLLE "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS"

     E para remtar as celebracións tivemos unha presentación MOI ESPECIAL.
 María Rolle Ínsua, a mestra de lingua inglesa do centro , presentou na nosa Biblioteca o libro que acaba de publicar: 
                           "ESTA NON É OUTRA HISTORIA DE PIRATAS" 
 que ilustra María del Carmen Pernas Fraga, tamén mestra de lingua inglesa pero no Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
 
 
 De súpeto, no medio da presentación apareceron tres piratas, recén saidos do libro que nos convidaron a cantar con eles a bonita canción .....................

 

 Que ganas de lelo nos entraron a tod@s.
 Parabéns, María e grazas por agasallarnos con esta preciosa historia. 


DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

23 de abril, Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor. Celebramolo durante toda a semana Nas aulas traballaron de xeitos diferentes pero cun tema común...os libros.
Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil fixeron unha foto cun LIBRO E UN AMIGO/A e así saíron de guapos/as.
Na aula de inglés leron o libro BROWN BEAR, BROWN BEAR... un clásico que disfrutaron con Madison, a nosa auxiliar de conversa e  algúns nenos/as que tamén se animaron.


24/04/19

BRAIS MOURE NO COLE

Brais Moure, o contacontos,falounos de Antón Fraguas e a súa Galica Máxica a través das árbores e da importancia de coidar a natureza. Ensinounos diferentes polas de árbores: teixo, acivro, loureiro... e contounos moitas cousas das xacias e como prantar unha árbore nunha bota.

16/04/19

SEMANA SANTA VIEIRO

Estos son os programas da Semana Santa de Viveiro feitos polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria dentro do PDI da biblioteca "Descubrindo Viveiro".
 A Semana Santa de Viveiro foi declarada de Interese Turístico Internacional no 2013.


14/04/19

LUIS PARDO OBRADOIRO DE RADIO

O venres os nenos e nenas de 5º de primaria participaron nun obradoiro de Radio na biblio a cargo de Luis Pardo titulado "O micro non morde".
 Luis Pardo é xornalista e traballa na radio ( SER) . Primeiro faloulles dos 4 puntos fundamentais para traballar nunha radio: a voz, o son, a música e o silencio.
Despois traballaron os catro elementos: a voz con diferentes intensidades e en distintas situacións (evento deportivo, musical, entrevista, noticias do cole, novas musicais...).
Escoitamos unha gravación de "El gran apagón" no que os sons e os silencios forman parte importantísima para expresar medo, angustia, soidade...
Luis contounos anécdotas do seu traballo e ao final visionamos un video sobre unha entrevista a Antonio Banderas.
Os nenos e nenas aprenderon moito con este gran profesional.


Obradoiro de radio-Luis Pardo



 


 A propósito... xa temos LOGO e nome para a nosa RAdio na biblio.

O nome é ..............Radio Covas
O logo................. a vindeira semana!!

ENTREVISTA Á DIRECTORA E REXEDORA DO PROXECTO LÓVA

O proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) estase a desenvolver no noso colexio na clase de 4º de primaria.
Os nenos e nenas de 5º a través da nosa radio (RadioCovas) fan unha entrevista á directora e rexedora da Compañia de ópera Diamante.
Non perdades palabra porque é unha entrevista moi interesante.




12/04/19

SUSA HERRERA ( Cantamos e bailamos)

Susa Herrera, autora de libros cantados, visitou o noso colexio.
Na primeira sesión estivo cos nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo.
Con eles cantou e bailou cancións do seu libro "Cuantos animales". Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, todos cantaron e bailaron cancións de "En Cabárceno se oye cantar".
Foi unha visita moi divertida!

CANTAMOS CATRO VELLOS MARIÑEIROS



Os nenos e nenas do colexio interpretan Catro Vellos Mariñeiros.

        Dentro do proxecto que estamos a traballar:  DESCUBRINDO VIVEIRO e intentando conservar o noso patrimonio o  alumnado do centro  gravou a canción en distintas localizacións do concello.

Son uns verdadeiros artistas.

04/04/19

VISITA GUIADA VIVEIRO

Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada por Viveiro.
Percorreron os lugares de maior interese monumental: Porta de Carlos V, Porta do Valado, Porta da Vila, restos romanos, Igrexa de San Francisco e Santa María, Fonte de Area, Ponte da Misericordia, Calexa das Monxas, Rúa Maruja Mallo, Gruta de Lourdes...
Ademais visitaron o edificio e as diferentes instalacións do Concello de Viveiro. Os nenos/asnoso de 3º e 4º poideron charlar coa Alcaldesa María Loureiro e coa Concellala de Cultura Lara.
Unha experiencia única e todos os nenos e nenas que coñeceron moitos datos e lugares do noso pobo Viveiro que estamos a descubrir dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" dentro das actividades da biblioteca.

03/04/19

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Neste día tan especial no cole fixemos unha actividade relacionada coa lectura e ademais colaborativa xa que os nenos e nenas maiores leron/contaron/dramatizaron... contos aos nenos e nenas máis pequenos.
O alumnado de 6º, 5º e 4º estaba moi ilusionado porque ían ser PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA dos nenos e nenas do cole.
Durante varias sesións na hora de ler prepararon monicreques, disfraces, carautas... con que acompañar a lectura do conto para os seus AFILLADOS/AS... e buscaron un recuncho para ler ( calquer sitio do colexio: escaleiras, biblioteca, pasillos, aulas, ximnasio...)

Todos o fixeron xenial e os afillados... encantados!