15/12/21

O APALPADOR

Hoxe visitounos no cole O Apalpador e os seus axudantes, da Residencia DomusVi.

Os nenos e nenas de infantil e 1º, 2º e 3º, puideron disfrutar coa súa historia e as cancións.

Moitas grazas  pola visita, a pesar do frío!!!! ⛄








Deixamos tamén un breve resumo da figura do Apalpador: 😍😍😍






VISITA AO BELÉN DE VIVEIRO 

Onte, martes 14, todo o alumnado de Primaria fomos camiñando ata o Belén de Viveiro. Fomos vendo todo o Belén xigante e descubrindo profesións artesanais daquela época. Á volta recuperamos forzas parando a merendar polo camiño. Pasámolo en grande!!!! 🎄🌟😍













13/12/21

 Xogando cos contos no Correlingua

Os nenos e nenas de 6º de E.I e de 1º de E.P, asistiron ao contacontos "Xogando cos contos no Correlingua" con Fátima Fernández. Ademais de pasalo xenial, levamos unha mochila de regalo!!!!

 

02/12/21

"LA CARRERA" DE CHARO PITA,

 PROGRAMA "SUPERARTE"

 
O martes 30, visitounos no cole Charo Pita, coa súa obra "La carrera", gañadora da primeira convocatoria "La gente con autismo también cuenta".
Esta iniciativa, está dentro da terceira edición de "Superarte", certame de teatro feito por personas con diversidade funcional, que promove o Concello de Viveiro.
 
Gracias a Charo Pita e ao Concello de Viveiro por agasallarnos con esta visita!!!! 
 




 

26/11/21

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 N 

 Este curso decidimos centrarnos na violencia de xénero de todo tipo no deporte. Para traballar este tema, elaboramos un vídeo e uns xogos do "Quen é quen" para xogar nas aulas.




 

COMECHÍNS SEGUNDO PRATO 

O martes 23, tivemos a visita de Alba Bermúdez. Foi un contacontos para abrir o apetito!!!😋😋😋 Canto disfrutamos pequen@s e maiores dos contos en directo!!!!







 

17/11/21

PATRULLA VERDE

As Patrullas Verdes das aulas, encárganse de vixiar que se deposite o lixo de forma axeitada nos seus colectores e de levalos aos colectores do patio, ademais de concienciar á aula da necesidade de non contaminar e reutilizar os envases.  



15/11/21

MAGOSTO, DÍA DO PEÓN, XOGOS POPULARES 


O xoves día 11 celebramos no cole o Magosto, o día do peón e os xogos populares.







Empezamos co baile "Vive o Magosto" e fixérono xenial!!!




Despois continuamos cos xogos populares:

- En infantil xogaron aos xogos das sillas con aros, ás perindolas, ao pano e ao Escondite inglés.
- En primaria fixeron percorridos de chapas, mariolas, o pano, perindolas, peóns e xogo libre con zancos, cordas,...









E despois de tanto bailar e xogar toca comer as riquísimas castañas!!! 🌰🌰🌰🌰











08/11/21

 

SAMAÍN 2021

Deixamos o vídeo do Samaín 2021. Pasámolo de medo coa nosa Santa Compaña!!!👻👻👻

 


25/10/21

CURSO 2021/22 


SAMAÍN 

Achégase o Samaín!! Este curso adicamos esta data a unha das nosas lendas galegas: A Santa Compaña!!! Faremos a nosa procesión particular no cole este venres 29. Deixamos un pequeno resumo do que é a Santa Compaña e o Conxuro que imos recitar no cole.💀👻

Julia e Vega cóntannos a lenda da Santa Compaña. Que ben o explican!!



Os nen@s de cuarto de primaria len o conto: "O noso Samaín":
 
 

 
 
Deixamos tamén dúas cancións do Samaín con pictogramas: Uxía Lambona e a Banda Molona e outra de Mamá Cabra. A cantar e bailar!!! 
 
 










 


 

23/06/21

FESTIVAL FIN DE CURSO

 Moito bailamos!

 

                        1º e2º

                                                    3º e 4º
 
 5º e 6º 
 

 
 
 

        E para rematar, os alumnos de 6º (Compañía Diamante)  emocionaronos  a todos coa súa actuación "teatral" na que nos mostraron as diferentes etapas do seu paso polo centro.

                                      
 

 
 
 
 
 


 

22/06/21

LOLO E A SÚA MENSAXE

      Lolo despídese de tod@s vós ata setembro desexándovos que pasedes un verán fantástico. 
 
    Non importa se estades na praia, no monte, na aldea, na casa dos avós, na cidade ou no parque. 
 
Sempre podedes atopar  un bo recuncho para ler un libro!