15/03/24

SEMANA DA PRENSA

 Durante esta semana, o alumnado de terceiro ciclo, traballou cos xornais tanto impresos coma dixitais e converéronse en xornalistas: escribiron noticias, fixeron un diario dixital, entrevistas para a radio,... dentro do contexto lingüístico.

COMUNICÁNDONOS ENTRE IGUAIS

Este mércores tivemos unha actividade organizada pola ANPA: "Comunicándonos entre iguais". O alumnado de 5 anos e 1º de primaria, aprendeu sobre a educación sexual, das mans dunha matrona: os cambios físicos, o embarazo, o parto, diferentes tipos de familias,... 

 Ademais puideron ver libros e contos sobre esta temática, escoitar o latexo dos seus corazóns e xogar con diferentes bonecos.








 

13/03/24

ENCONTRO PROVINCIAL DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIVO

O alumnado de 5º e 6º viaxou hoxe ata Lugo para participar nas xornadas organizadas por ENKI de Deporte Adaptado. Probaron múltiples disciplinas deportivas adaptadas acompañados polo equipo ENKI e deportistas con diversidade funcional.

Foi unha xornada moi enriquecedora!!!! Grazas!!!! 😍😍😍




















XORNADAS ABN: LECTURA E FAMILIAS

 Este martes, dentro do programa de Lectura e Familias da nosa biblio, tivemos os obradoiros de ABN para as familias de infantil e primeiro ciclo.

Que ben traballar xunto as nosas familias!!! 😍