13/11/20

MAGOSTO 2020 E DÍA DO PEÓN

      O día 11 de novembro celebramos o Magosto. O alumnado elaborou, con material de refugallo, recipientes para as castasñas e trouxo unha presa delas. Asáronnolas na panadería de Covas. e  as degustamos  todos no patio.

                 Que boas estaban!😋😋

  Na área de Música prepararon a canción  Vive o Magosto.                  

                        Moito bailamos!

   E como Polo San Martiño, peóns ao camiño na área de Educación Física durante toda a semana xogaron e desfrutaron  de xogos populares: corda, goma,  peón, mariola, boliche ... e dunha exposición de peóns decorados.







01/11/20

SAMAÍN- HALLOWEEN

  

    O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos precisábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.

    Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado disfrazámonos de bruxos e bruxas.

    No patio, en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos, queimamos os nosos medos escritos nunhas siluetas de cartolina (pantasmas, esqueletos, morcegos...) .

    Despois bailamos cancións en inglés e en galego. 

Foi unha festa TERRORÍFICA!!!