20/06/19

ÓPERA: " UN CIRCO NAS NUBES" ( PROXECTO LÓVA)


LOVA

       O 14 de xuño, a compañía de ópera DIAMANTE dentro do proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje), estrenou a súa primeira obra "Un circo nas nubes".
      A estrea foi no teatro Pastor Díaz de Viveiro ante as familias , autoridades, profesorado invitado,compañeiros e alumnado doutros centros como Santa Rita de Galdo, Lois Tobío, Celeiro e Landro ademais do profesorado.
      Foi todo un espectáculo creado e feito íntegramente polos nenos e nenas de 4º de primaria. A ópera tiña como tema a felicidade e foi un completo éxito.
      Parabéns a toda a compañía!

14/06/19

Día de Arte Galega na Escola

     O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola, unha data moi especial na que homenaxeamos a Luis Seoane.
     Todos os anos traballamos sobre unha técnica e tema diferente relacionado co proxecto da biblioteca. Este curso o PDI titúlase DESCUBRINDO VIVEIRO e decidimos facer unha maqueta de Viveiro modelando os lugares e monumentos máis representativos do noso concello (Viveiro feito por nós)
      Traballou todo o alumnado distribuido en 18 grupos interclases ( en cada grupo había nenos/as dende 3 anos ata 6º) guiados por un/ha profesor/a. Os grupos empregaron arxila, pastilina, materiais diversos...
      A actividade realizouse dentro das dependencias do centro ante o risco de choiva.

Como podedes ver nas fotos o resultado é ... espectacular!


06/06/19

UN XANTAR DE VERSOS (MICRORREDE DA MARIÑA)


      A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integran o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

     No noso colexio en concreto, a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

     Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

     Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!
 
     Os nosos traballos estiveron expostos no colexio e despois na exposición colectiva realizada en Viveiro.A inauguración foi o día 4 coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

      Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro e recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

     Durante os días da exposición realizarónse diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
     A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

     O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e a lectura do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

.