24/06/13

TOD@S AO TEATRO

O último día de clase fumos todos os nenos e nenas ao teatro, pero no colexio. 
Representamos as obras que ensaiamos durante o curso, recitamos poemas, tivemos títeres, bailamos e cantamos  e ata fixemos unha película. Esta era a derradeira actividade  sobre o teatro que traballamos este ano. 
 En infantil os nenos e nenas de 3 anos representaron a obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol".
 Na clase de 4 anos cantaron "Compañeiro sei tocare".
 En 5 anos puxeron en escena "A gaita e o pandeiro de Roberto Vidal Bolaño". 
Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha película sobre unha obra de teatro "Todo é un conto". 
Na clase de 2º de primaria recitaron poemas.
 Os nenos e nenas de 3º de primaria fixeron teatro de títeres coa obra "Rata feroz".
 En 4º de primaria representaron a obra "O sol, a lúa e o vento".
 Os nenos e nenas de 5º de primaria fixeron a obra "The farm" en inglés.
 En 6º de primaria a obra elexida foi "O casamento do piollo e a pulga".
  

19/06/13

BO VERÁN DENDE A CGENDL

O curso 2012-2013 chega á súa fin e, durante un ano máis, desde a CGENDL tratamos de seguir traballando para facer máis doado e eficaz o labor dos Equipos de Normalización Lingüística. Tentamos ofrecervos actividades en común como o Día da Ciencia en Galego ou #recitandocelsoemilio, que espallaron polo país adiante, co alento de milleiros de rapaces e rapazas, a crenza firme na utilidade do idioma e un berro colectivo de autoestima arredor do galego. Tamén botamos a andar as revistas Ollos de aula e A letra miúda para levar contidos de interese e reflexións útiles para o noso traballo ás familias e aos docentes. Voltamos compilar máis recursos para as aulas e tentamos facer oír a nosa voz ante a sociedade e a administración. Neste labor todos/as somos necesarios/as e a CGENDL, como proxecto colectivo que é, anímavos a colaborar e xuntar forzas para que os Equipos sigamos a demostrar, dende a profesionalidade, o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado. 
Aproveitamos a despedida para mandarvos un par de agasallos. O primeiro, unha proposta lectora conxunta da rapazada dos EDLG dos IES Pintor Colmeiro de Silleda e Chano Piñeiro de Forcarei, un tren de ida e volta que combina con orxinalidade o formato audiovisual cun abano literario para refrescármonos no verán coas lecturas.

 E o segundo é un agasallo musical, outra peza do incansable mestre Paco Nogueiras Nodar. Porque vén o verán é un “cantaroke” para, como di o autor, darlle a benvida ao verán, despedir o curso con “curtas despedidas e optimismo, gañas de pisar festas e viaxar”.
Saúdos normalizadores e recibide os nosos mellores desexos para este verán.


Para descargar a revista Ollos de aula (todos os números):

Páxina da CGENDL 

06/06/13

II DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Esta é a exposición coa que celebramos o Día da Arte Galega na Escola. Temos pezas de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Otero Regal... Podemos admirar as obras de artistas como Caxigueiro,José María Prieto, Otero Regal, Abraham Corujo, Hortensio, Paco e sobre todo as creacións dos nosos nenos e nenas do colexio
Gracias a tod@s os que colaboraron nesta exposición.

II DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O martes día 4 celebramos no centro o II Día da Arte Galega na Escola homenaxeando a Luis Seoane. Esta edición está adicada á escultura e os nenos e nenas do colexio, coa axuda de dúas estudiantes de Bellas Artes e exercendo de monitores os alumnos/as de 6º de primaria, fixeron esculturas con grandes doses de creatividade e orixinalidade. Tamén temos unha exposición de obras escultóricas de artistas da zona: Otero Regal, Hortensio, Abraham Corujo... e de obxectos de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Burelarte e Otero Regal. O mércores día 5 visitou o colexio o artista Otero Regal para dar unha charla sobre o seu traballo.

05/06/13

KAMISHIBAI

Este é o Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º. Adaptaron o conto de Ed Young e fixeron os debuxos. Agora toca lelo polas clases.