24/03/22

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

 O día 21 foi o día mundial da Síndrome de Down. Para acercar esta síndrome ao alumnado, o Concello de Viveiro coa colaboración de ASPANANE, proxectaron no teatro a película Valentina a historia dunha nena moi especial!!! 😍😍

O alumnado de 6º de infantil e 1º de Primaria foron a ver esta emotiva película en galego, nominada ao Goya de animación.

Gustoulles moito coñecer a Valentina!!!! 💗💗💗


















SEMANA DA PRENSA 

Esta semana traballamos cos xornais nas aulas con diferentes actividades.

En infantil, seguindo o seu proxecto dos Superheroes, fixeron unhas publicacións moi orixinais:
















08/03/22

8 M DÍA DA MULLER 

 Para conmemorar o Día da Muller, pedimos ao alumnado que enviaran fotos no campo: arando, coidando dos animais, recolectando,... Con todas elas, fixemos unha exposición na entrada do cole, coa intención de poñer en valor á Muller Rural, tan importante na nosa tradición galega e a alimentación sustentable. 

Recibimos moitas fotos!!! 💜 💜💜💜💜

          

                          

04/03/22

CREANDO LIBROS OBXECTO CON PABLO OTERO: OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS

O 3 de marzo visitounos Pablo Otero (escritor, ilustrador e pintor), para levar a cabo un obradoiro familiar e crear "Libros obxecto". Así de bonitos quedaron:










01/03/22

ENTROIDO 2022:

"MODA COVASMOLA" 

O 25 de febreiro celebramos o Entroido no noso cole, disfrazados coa roupa que trouxemos da casa, seguindo a nosa premisa de reutilizar!! Fixemos un desfile de moda estupendo e, por fin, co público que máis nos gusta: as nosas familias!!! 👏👏👏


Para facer os disfraces, organizamos uns obradoiros de costura, corte, pegado, confección,... utilizando a nosa creatividade. Aprendimos un montón!!! 😍😍😍