24/05/21

DIVERTILÓVA ( A nosa Compañía de Ópera)

    Hoxe, 24 de maio , a nosa Compañía de Ópera DIVERTILÓVA presentou o seu traballo ante o público.

    Non poido ser no Teatro Pastor Díaz , pero si no colexio. 

    Os primeiros afortunados en disfrutar da representación de:


            QUE HAI DEBAIXO DAS SABAS?

 

 foron os alumnos de Educación Infantil

 

O éxito foi rotundo e os nenos non se cansaban de aplaudir e repetir:                                   

                           "outra, outra,outra,..."

 

          BRAVO !               

                                           👏👏👏👏

 

 Mañá actuarán para os alumnos de 1º  e 2º e o mércores para os de 3º, 5º e 6º.

              O éxito está asegurado!

22/05/21

OS MAIOS

 
          Celebramos os Maios dun xeito diferente a cursos anteriores.Este ano non puido ser polas rúas de Viveiro, en colaboración cos outros centros,pero si o poidemos celebrar no patio:
 
  •  Desfilamos con sombreio e roupa chea de flores.
  • Cantamos a canción dos Maios.

 
 

21/05/21

AS RECEITAS DE LOLO ( TRABALLO DA MICRORREDE DA MARIÑA)

 

        Durante  este curso seguimos traballando  no PDI:

 

      "Coidamos de nós e do noso planeta. Hábitos de vida saudable e sostible" 

 

 co obxectivo de fomentar no alumnado e en toda a comunidade educativa un estilo de vida saudable e o coidado do medio ambiente.

    Para o traballo da Microrrede foi Lolo, a mascota da biblioteca, o encargado de pedir a colaboración das familias do centro para elaborar o:

 

                                     LIBRO DE RECEITAS DE LOLO

 

    As familias tamén enviaron   vídeos curtos da elaboración  das mesmas.

 

PREME NA IMAXE DE LOLO PARA VER O VÍDEO 

 


PREME NA IMAXE E VERÁS O VÍDEO DO LIBRO DE RECEITAS

      

    Neste proxecto multidisciplinar implementamos actividades de coidado do corpo, a través da Educación física tanto no cole como na casa, e da alimentación ( sobre todo na  dos recreos). 

   O profesorado participou nun PFPP sobre "Hábitos saudables" recollendo moita información sobre a alimentación saudable, sostible,  a loita contra o cambio climático e o xeito de traballar para   implementala no centro.

    Na área de Educación Física traballouse no proxecto nacional 

"El camino de piEFcitos"

 


 

 

     un proxecto anual que co fin de acadar kilómetros simbólicos coa práctica de actividade física, da alimentación saudable, da lectura e do desenvolvemento sostible, o alumnado de 5º e 6º de primaria  percorrerá todas e cada unha das provincias nas que se divide a xeografía española incluíndo os arquipélagos e as dúas cidades autónomas que a completan.

 
    Para a conmemoración das Letra Galegas traballamos sobre as Festas gastronómicas de diferentes zonas de Galicia. Cada aula investigou sobre unha e o resultado foi así de apetitoso:



PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO


     En resumo, intentamos promover  o fomento dun estilo de vida saudable coa actividade física, a alimentación saudable e sostible  reducindo o impacto medioambiental.



 

16/05/21

XORNAL ESCOLAR "O CHARLATÁN DE COVAS"

    Co galo do  Día Das Letras  Galegas, adicado a Xela Arias,  publicamos o noso xornal escolar:
 
                                        "O Charlatán de Covas"



04/05/21

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ( 17 de maio)

    

 

 
     A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


     Este ano a homenaxeada é:

                                                                                            XELA ARIAS

 


      Se queredes xogar un pouco e de paso coñecela, aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:

                                               


 SEMINARIO GALÉN:

 
   Preme na imaxe e atoparás  actividades en liña, traballos para imprimir, fotos, biografía,...


                            




PRIMAVERA DAS LETRAS

        A  Real Academia Galega ofrece material lúdico e  didáctico.

       Actividades interactivas, fichas descargables para xogar e aprender, ...
 
Preme na imaxe e as descubrirás


                          
       

   E non podía faltar  MÚSICA

              O novo disco de

 

                                A Banda da Loba 

                                                  

                                      Hasme oír

 

 é unha homenaxe á poesía de Xela Arias con temas baseados en cada un dos poemarios que a protagonista do Día das Letras Galegas publicou en vida.

Preme para escoitar