23/02/10

ORGULLOS@S DO GALEGO



Máis información aquí

Campaña para transmitir o orgullo pola lingua propia.
A CGENDL vén de presentar publicamente esta semana Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

Envío de vídeos e textos “orgullosos”:
Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

Difusión do material gráfico da campaña:
Na web ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución. Igual que nos gustaría corresponder con agasallos e gratificar a participación aínda que fose humildemente, a CGENDL non posúe recursos de ningún tipo para editar e distribuír este material nos centros educativos. Isto depende de cada equipo mais emprazámosvos a poñervos en contacto con centros do voso contorno para editalo conxuntamente e reducir os custos, como xa se está facendo en diferentes puntos do país.

Así mesmo, pedímosvos a vosa xuda para difundir a campaña a través das webs e blogues dos centros e dos ENDL: dando conta da iniciativa, colgando os vídeos, convidando os contactos a coñecela (pódese enviar un correo dende a propia web), proxectando no colexio ou no instituto os vídeos, animando os compañeiros e o alumnado a sumarse á campaña nas redes sociais, etc.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”

17/02/10

DESCUBRE GALICIA

Tod@s sabemos que para percorrer Galicia o millor é ir en coche, tren, bicicleta... pero se non podedes físicamente, por que non facelo virtualmente con esta páxina chamada descubregalicia?
Preme na imaxe e a viaxar !!

07/02/10

A REGUEIFA

En Vieiros da Escola atoparás todo o relacionado coas REGUEIFAS.
Preme na imaxe