29/02/24

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Hoxe o alumnado de 5º e 6º, asistiron a unha formación sobre Educación Ambiental da man da Policía Nacional. Aprendimos a importancia de coidar o noso entorno e as consecuencias dos lumes e da contaminación que xeneramos.

Aprendimos un montón! Grazas!!!! 🌳🌄👮👋






23/02/24

ROSALÍA DE CASTRO: LIBERA UNHA POESÍA

Para celebrar o Día de Rosalía fixemos moitas actividades ao longo da semana:

- Hoxe levamos a cabo a actividade "Libera unha poesía": cada alumno/a escribiu un poema de Rosalía nun pergamiño que metimos xuntos nunha gaiola e hoxe "liberamos" e levamos para a casa:


- O alumnado de Educación Infantil traballou a figura de Rosalía a través de vídeos, contos, cancións e debuxos:


- O alumnado de primeiro plasmou en arte o poema "Miña casiña, meu lar":


- En segundo tamén traballaron diferentes poemas de Rosalía:


- En terceiro fixeron comecocos e Flipbooks de Rosalía:


- Ata fixemos unha figura de Rosalía na impresora 3D:


- En Voz Natura prantaron un "Xardín de Rosalía":


- Máis fotos das actividades de Rosalía:


16/02/24

XOGA COVASMOLA

Á volta das vacacións do Entroido, puidemos facer o xogo "Xoga Covasmola"!!! 👏👏👏

Os nosos disfraces representaban todo o que sustenta o noso proxecto "Covasmola":

- Mazás: alimentación saudable.

- Zapatillas: mobilidade.

- Árbores: sustentabilidade.

- Termómetros emocionais: educación emocional.

- Educadores sociais (stop Bullying): educación social.

- Corazóns: educación sexual.

Nós fumos as fichas do xogo e, para completar a palabra do noso logo "Covasmola", tiñamos que superar preguntas e retos relacionados coa nosa temática.

Os corazóns foron os gañadores/as, pero tod@s aprendimos un montón e pasámolo xenial!!!! 🍏👟🌳📍🚏💓









11/02/24

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 DE FEBREIRO

 Para conmemorar este día, fixéronse varias actividades nos contextos humanístico e científico.

No contexto humanístico realizaron traballos sobre "Mulleres Galegas na Ciencia": investigaron, buscaron imaxes, fixeron murais e expuxeron aos sus compañeiros/as.


No contexto científico fixeron unha maqueta do sistema urinario con botellas, globos, teas e cartolinas:


10/02/24

ENTROIDO COVASMOLA

 O noso PDI Covasmola 3.0 foi o fío condutor do Entroido. Coma sempre elaboramos os nosos disfraces con talleres verticais dende 3 anos ata sexto:









A nosa Alpuxarrada: Xoga Covasmola:


E o venres día 10, puidemos saír a lucir os nosos disfraces e cantar a Alpuxarrada. 👏👏