26/02/19

ROSALÍA DE CASTRO NO NOSO CENTRO


Rosalía 2019

Celebramos o Día de Rosalía copiando as súas poesías e ilustrándoas con fotos, debuxos, maquetas... relacionadas co PDI no que estamos a traballar "Descubrindo Viveiro".
As fotos e os debuxos  de distintos lugares de Viveiro: praias, natureza, monumentos... e unha bonita maqueta do monumento  Os Castelos adicado ao naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo que está na praia de Covas.
Os nenos e nenas recitaron os poemas de Rosalía nun acto que tivo lugar na biblioteca do centro.

Entrevista feita polo alumnado de 5º de primaria dentro do proxecto Radio na Biblio a unha "Rosalía" moi especial interpretada por Nelson.
Agradecemos a colaboración de Madison, a nosa auxiliar de conversa, recitando marabillosamente estes versos de Rosalía.

22/02/19

DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).

Deseguido recollemos algúns dos eventos e dos recursos que se están a promover estes días para difundir a celebración:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Bibliotecas escolares
Casa-museo Rosalía de Castro
Territorio das Mulleres: Semana de Rosalía en Compostela



13/02/19

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe día 13 de febreiro celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO.
Dende a páxina de Ponte nas ondas (Escolas nas ondas) podemos ver e escoitar todos os podcasts enviados polos diferentes centros educativos.

 


Poderás escoitar o Programa sobre os Dereitos Humanos que gravaron os nenos e nenas de 5º.

03/02/19

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e a Tolerancia. Os nenos e nenas do centro cos pais e nais como público bailaron ao son da música de Mamá Cabra coa canción do Día da paz e  coreografía de alumnas de 6º.
Tamén cantamos a canción de John Lennon "Imagine" con linguaxe de signos e os nenos e nenas de infantil fixeron debuxos alusivos á  paz, tolerancia, unidade e respecto a todas as razas e cores.
Finalizamos o acto co recital de poesías sobre a paz a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria. Ademais nas aulas elaboraron posters sobre a paz que se colocaron en diferentes lugares do pobo de Covas. Os nenos/as de infantil fixeron viseiras de cartolina para conmemorar este día.

IMAGINE- LINGUAXE DE SIGNOS from bibliocovas on Vimeo.