Seguimos coa celebración das Letras Galegas e a homenaxe ás cantareiras: hoxe recibimos unhas visitas moi especiais:
- "Os do 21" viñeron cantar con nós e ensinarnos algúns dos instrumentos que utilizan, sobre todo a pandeireta.
- "Bágoas da Terra" viñeron mostrarnos os nosos traxes tradicionais con todas as súas partes.
Grazas por axudarnos a manter viva a nosa tradición e os nosos costumes!!!
E grazas tamén á mestra Celia por ensaiar con nós un baile tradicional!
Ningún comentario:
Publicar un comentario