26/11/21

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 N 

 Este curso decidimos centrarnos na violencia de xénero de todo tipo no deporte. Para traballar este tema, elaboramos un vídeo e uns xogos do "Quen é quen" para xogar nas aulas.




 

COMECHÍNS SEGUNDO PRATO 

O martes 23, tivemos a visita de Alba Bermúdez. Foi un contacontos para abrir o apetito!!!😋😋😋 Canto disfrutamos pequen@s e maiores dos contos en directo!!!!







 

17/11/21

PATRULLA VERDE

As Patrullas Verdes das aulas, encárganse de vixiar que se deposite o lixo de forma axeitada nos seus colectores e de levalos aos colectores do patio, ademais de concienciar á aula da necesidade de non contaminar e reutilizar os envases.  



15/11/21

MAGOSTO, DÍA DO PEÓN, XOGOS POPULARES 


O xoves día 11 celebramos no cole o Magosto, o día do peón e os xogos populares.







Empezamos co baile "Vive o Magosto" e fixérono xenial!!!




Despois continuamos cos xogos populares:

- En infantil xogaron aos xogos das sillas con aros, ás perindolas, ao pano e ao Escondite inglés.
- En primaria fixeron percorridos de chapas, mariolas, o pano, perindolas, peóns e xogo libre con zancos, cordas,...









E despois de tanto bailar e xogar toca comer as riquísimas castañas!!! 🌰🌰🌰🌰











08/11/21

 

SAMAÍN 2021

Deixamos o vídeo do Samaín 2021. Pasámolo de medo coa nosa Santa Compaña!!!👻👻👻