16/04/18

VISITA DE XIANA NAVAL

Que mellor maneira de comezar o Mes dos Libros que reunir os libros e a música coa visita de XIANA NAVAL. Xiana estudou no noso colexio e agora está a piques de rematar a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Universidade da Coruña. O ano pasado estivo co programa Erasmus en Bélxica. Xiana toca o trombón e foi elexida para tocar na Banda Galega Femenina de Música de Galicia "Marcamos o compás" que actuou o día 17 de marzo no Gaiás en Santiago para celebrar o Día da Muller cun concerto para visibilizar a presenza feminina na música. Os nenos e nenas do colexio fixéronlle unha morea de preguntas relacionadas coa súa formación, estudos... e incluso intentaron tocar o trombón. Finalmente deleitonos cunhas pezas musicais. Dentro da área de Música os nenos e nenas traballaron as "Nosas mulleres na música".

Para escoitar a Xiana preme no altofalante.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL ((2 de abril)



   O Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. 
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. 

OEPLI
MENSAXE
CONCURSO "UN CONTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN EN COMIC"
GALIX

HANS CHRISTIAN ANDERSEN-BIOGRAFÍA

https://covastk.blogspot.com.es/2017/04/dia-do-libro-infantil.html

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

 Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui .
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.




DÍA DO LIBRO INFANTIL

Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.

Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!

PREMIOS ENIGMAS NA BIBLIOTECA

Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Todas as clases que participaron recibiron un Diploma e os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.

Na biblioteca tamén se fixo unha pequena homenaxe ao científico Stephen Hawking.