05/06/16

V DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA- PORTAS FANTÁSTICAS

O día 1 de xuño conmemoramos o Día da Arte Galega na Escola. Este curso como o monográfico da biblioteca xira arredor dos seres fantásticos, decidimos decorar as portas das aulas e outras salas do colexio con motivos fantásticos. Todos os nenos/as, profesorado e personal non docente traballaron moito e así de bonitas quedaron. Noraboa!

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2016 from MisisRoller on Vimeo.

29/05/16

OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA

Este é un video da exposición e as actividades dinamizadoras da Microrrede da Mariña que tiveron lugar no teatro Pastor Díaz para conmemorar as Letras Galegas e homenaxear a Manuel María. Agradecemos a todas as familias a súa colaboración tanto na realización dos traballos como na asistencia ás actividades de dinamización.

Música: "Todo me fala de ti" "Canta o cuco"(Uxía e Magín Blanco)


Microrrede da Mariña- Os soños de Manuel María from MisisRoller on Vimeo.

22/05/16

LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos as Letras Galegas con recitados de poemas de Manuel María por parte dos nenos e nenas do colexio e tamén actuou Maggie, a auxiliar de conversa, recitando o poema "Galiza" que foi moi entrañable.
Tivemos a visita sorpresa dalgúns dos maiores residentes de Geriatros que nos cantaron poemas de Manuel María. Despois da actuación os nenos e nenas acercáronse para falar con eles e ademais agasallaron ao centro cunha botelliña de palabras en galego.
Grazas a tod@s por esta estupenda xornada!

17/05/16

XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS"

Xa saiu o último número do xornal escolar "O Charlatán de Covas", este curso o tema central eran os seres fantásticos e o personaxe homenaxeado Manuel María.
Grazas a todos os nenos e nenas por este gran traballo.




O CHARLATÁN DE COVAS PARA DESCARGAR (preme na frecha que tes na parte inferior do documento)

15/05/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós. Grazas!

11/05/16

BUSCANDO A CERVANTES


busca tesouro cervantes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Para conmemorar o Mes dos Libros organizamos unha busca do tesouro sobre Cervantes.Os nenos e nenas de 5º e 6º foron quen de resolver as preguntas sobre a vida e obra de Cervantes na biblioteca.
Previamente tiveron que apuntarse e investigar sobre o escritor.
As probas consistiron en preguntas de busca pola biblioteca, liña do tempo, mapas, consulta na CDU, escribir obras de Cervantes, buscar libros sobre as obras do escritor...
Os grupos que lograron resolver todas as preguntas correctamente e en menos tempo foron os gañadores.
Estas fotos son dos alumnos/as de 6º curso de primaria e que tiveron a sorpresa de Luke, o noso auxiliar de conversa durante o curso 2012-2013 que estivo no colexio con motivo da súa visita a Viveiro.

29/04/16

O RESTAURANTE FARRUCO

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria puxeron o broche final ao Mes dos Libros cunha representación da obra "O restaurante Farruco" de Chus Pereiro. Todos no centro disfrutamos desta fantástica actuación duns verdadeiros artistas. Noraboa a todos os nenos e nenas de 5º!

28/04/16

VIDEO DA EXPOSICIÓN "PALABRAS NOSAS"

Este é unha pequena mostra dos estupendos e creativos traballos feitos polos alumnos/as e as súas familias. Aínda estamos a recibir máis traballos para a exposición... animádevos! Podedes ver a exposición no colexio... estamos esperando!
Palabras nosas from MisisRoller on Vimeo.

27/04/16

MINI E MERO CANTARON A MANUEL MARÍA

Onte tivemos a visita de Mini e Mero, dúo de cantautores e mestres da Terra Chá.
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo  A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".

RECITADO DO POEMA "A FALA" POLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO

Este é unha parte do poema "A fala" de Manuel María no que se está inspirado o proxecto "Palabras nosas".
 No recitado deste poema colaboraron nenos e nenas dende 3 anos ata 6º curso de primaria (Julia, Lola, Arale, David, Victor, Tania, Marcos, Sophia, Hugo, Ana, Eduardo, Iris, Elena) e Maggie, a auxiliar de conversa do cole.
 Podedes ver a exposición "Palabras nosas" no colexio ata o 9 de maio, data na que levaremos os traballos ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para a gran exposición conxunta dos centros integrantes da Microrrede da Mariña.

 Grazas a tod@s por esta colaboración.

24/04/16

ACTUACIÓN DE MAXIA

O venres tivemos a visita dos magos Jorge e Kiko Carrolo da asociación de magos AMAM que deleitaron coa súa actuación aos nenos e nenas do colexio con motivo do Mes da Maxia na Mariña.
Este espectáculo  entra dentro das actividades desenvolvidas no proxecto da biblioteca deste curso sobre "Os seres fantásticos" e ademais para conmemorar o Mes dos Libros dunha maneira "máxica".


21/04/16

PALABRAS NOSAS- EXPOSICIÓN NO CENTRO

Estamos en pleno Mes dos Libros poñendo en marcha diferentes actividades para os nenos e nenas do colexio.
Ademais temos montada a exposición sobre o proxecto deste curso que levamos a cabo xunto cos centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña. O proxecto no centro leva o título de "Palabras nosas" e son numerosas as familias que están a colaborar. Os traballos son moi variados e creativos. Grazas a todos pola vosa colaboración!
Aquí temos algunha foto da exposición... menudos artistas!!





17/04/16

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo

Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."




IV CENTENARIO DA MORTE DE  Miguel de Cervantes.


No noso colexio imos rendirlle unha homenaxe a Cervante cunha "Busca do tesouro" e unha representación teatral polos alumnos e alumnos de 5º curso de primaria.

08/04/16

NOVO PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA

Os centros educativos integrantes da  Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto  deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e  para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.
Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial  e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos  o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!

Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com


As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com

21/03/16

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O noso colexio participou un ano máis na conmemoración no Día Mundia da Árbore e da Auga que celebramos o día 18 de marzo e organizado pola Diputación.
Este día ás 12 da mañá, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria prantaron unha árbore, un carballo que chamaron POLITA.
Asemesmo dende a Diputación enviaron un libro para o alumnado de Infantil e Primaria ( O castiñeiro dos desexos para Primaria e Érase unha vez un castiñeiro para Infantil) relacionados cos ciclos da auga e da árbore e as Reservas da Biosfera Luguesa.


26/02/16

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.
En colaboración cos comercios da zona de Covas, entregamos unha tarxeta cunha poesía e un debuxo feitos polos nenos/as. Esas tarxetas serviron de agasallos para os clientes dos comercios.
Grazas as Panaderías de Covas e  Muras, Peixería Grallal, froiterías Camelia e Calpita, librería Echezárraga e a carnicería Luis.
No centro e durante dous días recitamos poemas entre clases. Todos os nenos e nenas fixéronno moi ben e Maggie tamén colaborou recitando a Rosalía.



09/02/16

UN ENTROIDO FANTÁSTICO

O Meco este ano convirtiuse nun dragón, xa que está relacionado co proxecto da biblioteca sobre "Os seres fantásticos". As coplas fixeron alusión á paz (coincidindo coa celebración dese día) e o último día deixounos disfrazar ao noso gusto. Vimos dende sevillanas ata momias, moitos superheroes e ata cabalos. Comimos lambetadas e bailamos en parellas, grupos e todo o colexio. Tamén fixemos un desfile por clases. Na área de Educación Física elaboramos disfraces con xornais vellos e os nenos e nenas de 4º curso de primaria investigaron sobre outras maneiras de celebrar o Entroido en Galicia (os Peliqueiros de Laza) Pasámolo xenial!

02/02/16

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz elaboramos unha colaxe coas fotos que fixemos no photocall.
Colaboramos toda a comunidade educativa (papás, mamás, avós, nenos/as, profesoras e personal do centro). As fotos tiñan o lema A paz... é compartir, xogar, disfrazarse... e utilizamos accesorios variados: gorros, perrucas, xoguetes, instrumentos musicais...
Grazas a tod@s por colaborar nesta actividade tan divertida e cunha mensaxe de paz e non violencia.