DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
23 de febreiro
Para conmemorar o día de Rosalía, o alumnado de 5º e 6º, fixeron un Kamishibai coa vida e a obra de Rosalía.
Que ben o fixeron e que debuxos tan bonitos!!!! 😍😍
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
Na aula de 3º de primaria, decidiron aprender o que son os concellos e como funcionan, facendo as súas propias eleccións: presentáronse varios candidatos/as co seu partido electoral, fixeron os seus programas, publicitáronse e por último tivo lugar o día das eleccións. Deste xeito apréndese moito mellor!!!
Bravo por este alumnado e pola súa profe!!!! 👏👏👏
Que bo momento está vivindo a música e a cultura galega!!!
Nesta ocasión os EDLG dos CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña, o CEIP Plurilingüe O Mosteirón de Sada e o CPI Cruz do Sar de Bergondo achégannos a canción Terra de Tanxugueiras en pictogramas para que todo o mundo poida acceder a ela.
Grazas!!!
Hoxe o alumnado de 1º e 2º curso de E.P., participaron nun obradoiro de narración oral, da man de Carmen Conde. A través do xogo, ensinou aos nenos e nenas a contar o que quixeron inventar. Traballaron así a expresión oral, o maxín, o discurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.
Canta imaxinación teñen os nosos alumnos/as!!!! 😍😍😍😍