16/02/20

COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO

OBRADOIRO CON BOLBORETAS NO BANDULLO from Radio Covas on Vimeo.

     Dentro das actividades  do noso proxecto  COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA contamos coa visita de Diana e David,autores do  libro:

                      COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO

libro de receitas para cociñar cos nenos e nenas.
      Diana foi alumna do noso centro  e foi un auténtico pracer tela de novo con nós. Ademais viñeron acompañados de Xiao, o seu pequeno.
      Durante o obradoiro mostráronnos  videos de elaboración de receitas (unha brocopizza deliciosa e unha lambetada de froitas), contaron un conto que escondía os ingredientes para elaborar un biscoito no microonda e fixeron xogos  cos ollos pechados para que os nenos descubriran sabores de alimentos
     Para ver o seu blogue cheíño de videos moi moi doados de facer... PINCHA AQUÍ!

10/02/20

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
 
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:

03/02/20

DÍA DA PAZ


       O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz bailando todos xuntos. A coreografía foi creada polo alumndo de 6º que tamén se encargou  de ensaiar con todos os nenos e nenas do cole para que todo fora un éxito

       Tamén realizamos a actividade titulada UN LIBRO PARA UN AMIGO/A.O obxectivo era darlle aos libros expurgados na biblioteca unha segunda vida nas casas do alumnado. Para iso, cada alumno agasallaba a un compañeiro/a cun libro escollido entre todos os que foron expurgados.

        Todos os nenos e nenas levaron ese día un libro adicado por un amigo/a do cole.


Un libro para un amig@ from bibliocovas on Vimeo.