Dinamiza en galego
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
25/11/20
13/11/20
MAGOSTO 2020 E DÍA DO PEÓN
O día 11 de novembro celebramos o Magosto. O alumnado elaborou, con material de refugallo, recipientes para as castasñas e trouxo unha presa delas. Asáronnolas na panadería de Covas. e as degustamos todos no patio.
Que boas estaban!😋😋
Na área de Música prepararon a canción Vive o Magosto.
Moito bailamos!
E como Polo San Martiño, peóns ao camiño na área de Educación Física durante toda a semana xogaron e desfrutaron de xogos populares: corda, goma, peón, mariola, boliche ... e dunha exposición de peóns decorados.
01/11/20
SAMAÍN- HALLOWEEN
O venres celebramos o Samaín-Halloween. A pesar da pandemia todos precisábamos pasar un ratiño de diversión e disfrazarnos que é o que máis nos gusta.
Decoramos o cole e o patio e o alumnado e profesorado disfrazámonos de bruxos e bruxas.
No patio, en grupos burbulla e mantendo as distancias entre grupos, queimamos os nosos medos escritos nunhas siluetas de cartolina (pantasmas, esqueletos, morcegos...) .
Despois bailamos cancións en inglés e en galego.
Foi unha festa TERRORÍFICA!!!
26/10/20
A VISITA DE LOLO
Lolo, a mascota da nosa biblioteca visitou as clases de Infantil e Primaria para celebrar o Día da Biblioteca. Foi toda unha sorpresa para os nenos e nenas que miraban con asombro á mascota.
25/10/20
DÍA DAS LETRAS GALEGAS ( 31 de outubro de 2020)
Ricardo Carvalho Calero
Se queredes xogar un pouco e de paso coñecer ao persoeiro homenaxeado aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO (Para os maiores)
"Escape Room" de Alba Carril ( CPI de Vedra) e Ana Sánchez ( CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Seredes capaces de atopar as cifras da clave que abre o maletín coa recompensa final. SORTE!
RICARDO CARVALHO CALERO (Para os pequenos)
Xogo de Alba Carril
Anímaste a resolver os retos?
SEIMARIO GALÉN:

PRIMAVERA DAS LETRAS
A Real Academia Galega ofrece material lúdico e didáctico.
AS PITAS BAIXO A CHOVIA
Conto, música e unidade didáctica da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
PREGUNTOIRO MUSICAL De José Manuel López Cabana.
UNIDADE DIDÁCTICA DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LINGUA
CALENDARIO LETRAS GALEGAS INFANTIL Do CEIP Eusebio da Guarda