23/04/21

DÍA DO LIBRO

 

 23 de abril   Día do Libro!!!

 

  •     Os nenos e nenas de 6º de primaria quixeron conmemorar  este día agasallando a Lolo, a mascota da nosa biblioteca, cunha canción.




 

 

  •    Organizamos un intercambio de postais con recomendacións de libros, entre o alumnado dos diferentes centros participantes no proxecto nacional 

 

eL CaMiNo De piEFcitos 


    Nós enviamos postais a : Córdoba, León, Valladolid, Badajoz, Madrid, Alicante, Málaga, Ávila, Jaen e  Girona



     E recibimos postais de : Valladolid, Málaga, Madrid, Córdoba, León, Badajoz e Girona.

         

 

A actividade foi moi gratificante para todos.                                                                                

20/04/21

DÍA MUNDIAL DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 

 



    Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.

 

    Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

 
        "Tal vez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
 

    Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.

 

    As imaxes son unha colaboración de Cristina Novoa, a quen agradecemos as fotografías tomadas en Malta e na Ría de Aldán.

01/04/21

MES DOS LIBROS

 

    Comeza Abril, o mes dos libros ,no que conmemoramos dous eventos importantísimos: 

  •     O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL   (2 de abril) 

  •     e  O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR  (23 de abril)

                                                                       

       

 

  Este mes os nosos alumn@s, convertidos 

en booktubers durante el confinamento, serán

os que nos recomenden contos e libros que 

leron durante o mesmo.






l




DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 

 Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.

    Jaime é  uin mestre de inglés xubilado, escritor, poeta e fotógrafo que vive en San Pedro (Viveiro). 

    Achegounos, a través das súas fotos, ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa...  e ademais amosounos  impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...

    Tampouco  faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!

    Todo  regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.

    E como non, escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a  estrutura dos Haikus. A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...

    Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!