08/06/18

DÍA DA ARTE GALEGA


O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola.

Este ano e co título de "FACEMOS ARTE CO LIXO" os nenos e nenas crearon esculturas con materiais de refugallo.
Esta actividade está dentro do noso proxecto monográfico da biblioteca "Aprender a pensar na biblioteca de Covas" e o alumnado do centro agrupados en equipos verticais e co alumnado de 6º e 5º de primaria como monitores, traballaron durante dúas sesións para realizar estas estupendas obras artísticas, demostrando unha vez máis que creatividade non lles falta.

DÍA DA ARTE GALEGA from María Rolle on Vimeo.

ESPERTA O MAIO

Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:
 -Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
 -Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
 -Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
 En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.