16/12/18

"COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO"

Diana Fernández, exalumna do centro que agora exerce de profesora de Literatura galega e David Díaz presentaron en Viveiro o seu libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo". Un libro de receitas para os grandes e pequenos.
O libro ten unhas preciosas imaxes, é divertido e cada receita vai acompañada dunha pequena historia, microconto ou poesía. Tamén inclue códigos QR para seguir as receitas no seu canle de Youtube.
Xa temos este libro na nosa biblioteca cunha preciosa adicatoria.



14/12/18

MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUS VI

Outro ano máis o colexio colabora co Mercadillo Solidario que se celebra en DOMUS VI co obxectivo de recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
 Todos os nenos e nenas do centro elaboraron manualidades preciosas e orixinais para poñer á venta e deste xeito poder contribuir.
Nenos e nenas de 6º de primaria acudiron o día do mercadillo e mercaron moitas cousas para agasallar este Nadal.




04/12/18

"RADIO NA BIBLIO"

O noso centro foi seleccionado xunto con outros 29 para integrarse no programa "Radio na biblio".
Este programa está dirixido a estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar cara a centros creativos de aprendizaxes promovendo a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de potenciar e favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo do alumnado e profesorado.


03/12/18

CHARLA DO CIM

O Centro de Información da Muller (CIM) de Viveiro deu unha charla sobre as EMOCIÓNS ao alumnado de 5º e 6º do noso centro.
Faláronlles de diferentes aspectos das emocións: como identificalas, características e como xestionalas na nosa vida escolar e familiar.
Os nenos e nenas interactuaron facendo moitas preguntas.


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -" O LIBRO DOS PORCOS" - " DEPENDE DE LOS DOS "

Para concienciar sobre a igualdade de xénero, os nenos e nenas de 6º de primaria escenificaron o conto "O libro dos porcos" de  Anthony Browne.
E xunto co alumnado de 5º cantaron a canción "Depende de los 2".




     
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.

30/11/18

" CONTOS DO RECREO"

O alumnado 2º e 3º de primaria asistiu, no teatro Pastor Díaz, á representación da obra "Contos do recreo" de Redrum Teatro. Un espectáculo visual e músical, sobre o acoso escolar, no que se mezclaban personaxes reais con monicreques.




26/11/18

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,#equaliter

Colaboramos xunto con outros centros no proxecto #equaliter: contra a violencia de xénero

Luz Pozo Garza, filla adoptiva de Viveiro

A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Naceu en Ribadeo pero aos 8 anos viuse vivir a Viveiro.

BIOGRAFÍA


VISITA Á GRANXA DE CORAIS

Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria visitaron a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro, dentro da campaña Mares de cultura. Primeiro, Carlos fíxolles unha presentación na que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles,como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral,.. Tamén viron diferentes tipos de corais. Despois visitaron a granxa e finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!





21/11/18

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN

O día 19 de novembro celebramos o Magosto e máis o Día do peón. Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas que mandamos asar á Panadería de Covas agás unhas poucas que asou Leti de xeito tradicional.Os alumnos e alumnas prepararon,con materiais de refugallo( xornais, envases de leite,..), contenedores para metelas e os maiores do centro, o alumnado de 6º, repartiu as castañas aos compañeiros e compañeiras e axudou aos máis pequeniños a pelalas. Despois disfrutamos cos xogos populares grazas a axuda, como non, dos nosos alumnos e alumnas de 6º que exerceron de monitores.Axudaron aos demáis nenos e nenas nos diferentes xogos e coidaban que todos o pasaran ben.Xogamos á corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guiar o aro e ata pescamos castañas. Tamén tivemos unha exhibición de auténticos expertos bailando o peón e unha exposición de peóns decorados.

01/11/18

SAMAÍN- HALLOWEEN

Escape Room é un xogo de equipo que ten por obxectivo saír dunha habitación resolvendo unha serie de probas).
 Traballouse sobre a lenda "A cova da doncela", e a raíz dela os nenos e nenas tiveron que superar probas, resolver unha serie de enigmas e atopar un sobre para desenfeitizar á doncela.
Houbo probas de habilidade (resolver un crebacabezas, tirar arañas en vasos, buscar unha chave nunha caixa chea de bolas...), de coñecementos matemáticos e do corpo humano,... Empregaron os Escornabots, buscaron un libro na biblioteca, responderon a preguntas a partir dunha canción, buscaron en internet...
Participaron todos os nenos e nenas do colexio, aínda que algúns dos máis pequeniños non quixeron porque lles daba medo.
 Os alumnos/as de 6º actuaron de monitores e bailaron, actuaron... para dar ambientación á actividade.
Agradecemos a participación de Madison e  Lorena que fixeron moi ben os seus respectivos papeis de bruxa e doncela.

Halloween- Escape Room from María Rolle on Vimeo.

30/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA

O mércores 24 celebramos o Día da Biblioteca.Mestras e mesteres do centro escenificaron unha adaptación do conto Mariluz avestruz.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca

Aquí están as fotos.


Mariluz avestruz_Día da biblioteca


Se queredes ver o video premede AQUÍ 

O POETA XOÁN NEIRA CON NÓS

Para conmemorar o Día da Biblioteca recibimos ao poeta XOÁN NEIRA LÓPEZ que nos presentou o seu último libro GAIOLA ABERTA, unha escolma de poemas das súas anteriores obras.
Tamén fixemos un obradoiro de pre-escrita de poesía. Aprendimos a facer Palíndromos, Anagramas, Acrósticos... e regalounos uns preciosos Caligramas para a biblioteca.
Algúns dos nosos alumnos e alumnas deleitaronnos coa lectura de poemas do seu libro.
Moito disfrutamos coa súa poesía e a súa visita!

16/10/18

MAGOSTO-DÍA DO PÉON

O vindeiro 12 de novembro ( se o tempo o permite ) celebraremos o Magosto.Asaremos e degustaremos castañas, participaremos en xogos populares, bailaremos os nosos peóns,... e disfrutaremos un montón.

     
                               

                                                

15/10/18

SAMAÍN-HALLOWEEN

O día 31 de outubro e o 2 de novembro celebraremos o Samaín e Halloween. Teremos: comidas terroríficas, un Escape Room e elaboración de colares de zonchos.
Preparádevos para pasalo... "de medo".


08/06/18

DÍA DA ARTE GALEGA


O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola.

Este ano e co título de "FACEMOS ARTE CO LIXO" os nenos e nenas crearon esculturas con materiais de refugallo.
Esta actividade está dentro do noso proxecto monográfico da biblioteca "Aprender a pensar na biblioteca de Covas" e o alumnado do centro agrupados en equipos verticais e co alumnado de 6º e 5º de primaria como monitores, traballaron durante dúas sesións para realizar estas estupendas obras artísticas, demostrando unha vez máis que creatividade non lles falta.

DÍA DA ARTE GALEGA from María Rolle on Vimeo.

ESPERTA O MAIO

Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:
 -Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
 -Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
 -Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
 En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.


30/05/18

BOOKTRAILERS:" ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA" DE LEDICIA COSTAS

Os nenos e nenas e 6º na área de plástica están a facer un booktrailer do libro   "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Gustoulles moito o libro e a tarefa final consiste en crear un video axudados por Colin, o auxiliar de inglés co vocabulario e a pronunciación.
A clase dividímola en equipos e cada un traballou nunha sección: facendo os decorados, debuxando os personaxes, o guión, gravando as voces e efectos especiais, gravando as escenas e editando o video.

Empregaron aplicacións para tablets e programas de ordenador como: GIMP, Audacity, Open Shot Editor...

BOOKTRAILER .Escarlatina, a cociñeira defunta from MisisRoller on Vimeo.




Making a booktrailer from MisisRoller on Vimeo.

HORTO ESCOLAR


Horto escolar 18

Obxectivos relacionados co horto

Coñecer os beneficios que nos proporcionan as plantas ornamentais.
Recoñecer os diferentes tipos de ornamentais que existen.
Facer unha listaxe de plantas ornamentais en relación con Galicia.
Concienciar da cantidade de posibilidades que nos ofrece a natureza para o noso benestar físico e psíquico.
Fomentar o traballo en equipo facendo aos alumnos partícipes na organización das diferentes labores do horto.
Aprender a cultivar e coidar o xardín
Animar aos alumnos a ter un pequeno xardín na casa porque é san e económico.
Fomentar unha verdadeira educación ambiental na escola.

Desenrolo do proxecto para o curso 17-18

Setembro: Recolección dos froitos que quedaban na terra.

Outubro: Intentamos desfacernos dunha planta invasora que se apoderou do noso horto. Resultou misión imposible.

Marzo:  Comezamos a facer sementeiros na nosa mesa de traballo. Fóra era imposible saír, debido ás inclemencias do tempo e as características do noso horto.

Abril: Os nenos e nenas máis pequenos plantaron Gladiolos e Liliums, que levarán logo para a casa.
Os de 5 anos sementaron e trasplantaron Tagetes que tamén levarán  para a súa casa cando medren.
Maio: Os máis grandes están traballando fóra, ahora que o tempo o permite. Pero a verdade é que vai todo un pouco atrasado.

Obxectivos relacionados cos Maios

Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
Os Maios en Viveiro.
Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
   
Desenrolo do proxecto

Como xa  dixemos, en marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios.
A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas...
Estamos preparando e ensaiando as cantigas que se van cantar o día do desfile polo pobo.
Tamén estamos preparando murais, facendo cadros e outras manualidades para a exposición conxunta.

BIBLIOPATIO

Por fin o sol deixouse ver e poidemos poñer en marcha o BIBLIOPATIO. Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca baixaron ao patio cun carrito cheo de libros e invitaron aos nenos/as a ler durante o tempo de lecer. O bibliopatio tivo máis éxito co alumnado de infantil e algúns nenos e nenas deixaron os xogos por un cachiño e sentaron a ler durante o recreo ou tiveron a sorte de que foran os colaboradores quen lles leran a eles.
BIBLIOPATIO from MisisRoller on Vimeo.

16/05/18

VIDEO DAS LETRAS GALEGAS DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

LETRAS GALEGAS. CEIP PLURILINGÜE DE COVAS (VIVEIRO) from soco on Vimeo.

Este ano as LETRAS GALEGAS  tamén se bailan.
DISFRUTADE con este video da comunidade educativa do noso cole.
Esperamos que o pasedes moi ben igual que nós preparándoo!

15/05/18

XORNAL " O CHARLATÁN DE COVAS"

Publicamos o último número do noso xornal  "O Charlatán de Covas" adicado este ano a Mª VICTORIA MORENO.
O tema da portada está relacionado có proxecto monográfico da biblioteca "Aprender a pensar".

11/05/18

MICRORREDE DA MARIÑA: EXPOSICIÓN CONXUNTA

Xa rematou a exposición conxunta dos traballos dos nenos/as dos 14  centros educativos da Microrrede da Mariña que tivo lugar na Biblioteca Municipal  e na Sa de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Durante 4 días a exposición estivo aberta ao público en xeral e  houbo actividades dinamizadoras: actuación de Guadi Galego, performance de LAG, coros de nenos e nenas dos distintos centros, actuación de Adala coa obra "Mamasiña que medo", actuación de as Moreninhas de Burela e presentación de libros de Rita Morrigan.

 Se queredes ver fotos e videos, premede en MICRORREDE DA MARIÑA ou preme na imaxe

MICRORREDE DA MARIÑA: " A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO"

A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO

MICRORREDE DA MARIÑA- EXPOSICIÓN NO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

Estas son as fotos da exposición no centro do proxecto da Microrrede da Mariña "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".
No noso centro o tema levou por título "A MIÑA..." e os nenos e nenas axudados polas súas familias realizaron uns traballos preciosos sobre unha figura feminina que fora especial para eles. Por goleada gañaron as nais!!
Grazas a todos os que colaboraron na actividade.

10/05/18

SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS"

Semana da lectura "Nós somos os contacontos" 2018

Para celebrar o mes dos libros, todos os nenos e nenas foron "contacontos" e dramatizaron, contaron, leron... contos ou obras de teatro aos compañeir@s.
Empregaron o Kamishibai os nenos/as de 2º e 5º con marabillosos debuxos.
Os nenos e nenas de 1º empregaron máscaras e o resultado foi un éxito. Tamén os de 4º decidiron facer obras de teatro que fixeron estupendamente.  Os de  5 anos contaron unha historia empregando monicreques de cartulina.
Tamén houbo lectura de poemas, lectura de historias...
Durante unha semana na hora de ler polos corredores do colexio unha morea de nenos e nenas que ían para as clases dos compañeir@s ou para a biblioteca con nervios que lles supón actuar para un público tan esixente pero tan agradecido como son os demais nenos e nenas do cole.SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS

08/05/18

LETRAS GALEGAS, Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas 

Premendo na imaxe atoparedes diferentes materiais en versión dixital e recursos sobre a homenaxeada.

 

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


buscando a cervantes

Para conmemorar o Día Mundial do Libro o alumnado  de 6º participou, na biblioteca do centro,  nunha busca do tesouro titulada "Buscando a Cervantes".
Os alumnos/as tiñan que responder a preguntas relacionadas coa vida e obra de Cervantes pero tamén coa biblioteca, Formación de Usurarios e ALFIN.
Polos corredores do centro penduráronse carteis informativos sobre a vida e obra de Cervantes.
Durante uns días estiveron expostos uns carteis polos corredores do centro con información sobre Cervantes.
 A actividade resultou moi entretida e nos vindeiros días participarán outros cursos de primaria.

16/04/18

VISITA DE XIANA NAVAL

Que mellor maneira de comezar o Mes dos Libros que reunir os libros e a música coa visita de XIANA NAVAL. Xiana estudou no noso colexio e agora está a piques de rematar a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Universidade da Coruña. O ano pasado estivo co programa Erasmus en Bélxica. Xiana toca o trombón e foi elexida para tocar na Banda Galega Femenina de Música de Galicia "Marcamos o compás" que actuou o día 17 de marzo no Gaiás en Santiago para celebrar o Día da Muller cun concerto para visibilizar a presenza feminina na música. Os nenos e nenas do colexio fixéronlle unha morea de preguntas relacionadas coa súa formación, estudos... e incluso intentaron tocar o trombón. Finalmente deleitonos cunhas pezas musicais. Dentro da área de Música os nenos e nenas traballaron as "Nosas mulleres na música".

Para escoitar a Xiana preme no altofalante.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL ((2 de abril)



   O Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018  correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. 
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. 

OEPLI
MENSAXE
CONCURSO "UN CONTO DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN EN COMIC"
GALIX

HANS CHRISTIAN ANDERSEN-BIOGRAFÍA

https://covastk.blogspot.com.es/2017/04/dia-do-libro-infantil.html

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

 Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui .
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.




DÍA DO LIBRO INFANTIL

Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.

Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!

PREMIOS ENIGMAS NA BIBLIOTECA

Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Todas as clases que participaron recibiron un Diploma e os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.

Na biblioteca tamén se fixo unha pequena homenaxe ao científico Stephen Hawking.











12/03/18

SEMANA DA PRENSA - VISITA DE IVÁN DÍAZ ROLLE

Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo  deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.

01/03/18

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CENTRO

Relacionado co proxecto da nosa  biblioteca " Aprender a pensar", todos os cursos investigaron sobre mulleres pensadoras, filósofas, ...e elaboraron traballos sobre: María Montessori, Gloria Fuertes, Ada Lovelace, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Victoria Kent e María Zambrano. Con todos fixemos un gran mural.
Nas aulas fixemos un pequeno repaso da figura literaria de Rosalía  e recitamos e escoitamos algunhas das súas poesías.
Tamén participamos na proposta colectiva #AbrideAFiestra da asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega decorando as fiestras cos traballos elaborados.

21/02/18

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

RECURSOS:

 ROSALÍA CANTADA
Poemas musicados adicados a Rosalía feito pola Biblio de Carola.











Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG:

Educación Infantil e Primaria
Para estas etapas de ensino o lema da proposta #AbrideAFiestra pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra,  propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente.
Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faríanse fotos do alumnado, acompañado ou non das súas persoas maiores, portando entre ambos outro pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.
A documentación gráfica xerada por estas actividades sería subida á rede polo centro de ensino e polas familias antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #AbrideAFiestra. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais. 

Dende o Ceip Eduardo Pondal de Vigo comparten este video sobre Rosalía:

15/02/18

ENTROIDO


Entroido 2018 

Preme no enlace de enriba e lembra activar o audio!

"Un Entroido de conto" O tema do noso Entroido foron os contos clásicos.
Durante a semana o Meco-Dragón deunos as consignas do que tiñamos que traer posto cada día.
  Os nenos e nenas de Infantil disfrazáronse de Peter Pan, Campanilla, Capitán Garfio e un cocodrilo. Os de 1º e 2º de Elmer, o elefante de cores. 3º e 4º de ratos e flautistas de Hamelín e os de 5º e 6º escolleron 101 Dálmatas para os seus disfraces. Tamén contamos cunha avoa contacontos O venres fixemos un desfile polo centro ao que asistiron as familias.
Despois do desfile todos os nenos e nenas cantaron as alpuxarradas coa letra alusiva aos contos e a canción do Entroido en Viveiro.
Despois de tanta festa, comimos as lambetadas típicas no patio do colexio.

05/02/18

DÍA DA PAZ

Durante unhas semanas preparamos as seguintes actividades para o Día da Paz.
-Mural sobre Xente extraordinaria.
-Canción "Quérote máis" con baile incluído.
- Lectura de  poesías sobre a paz.
-Elaboración do símbolo dunha enorme pomba da paz no chan do patio.
-Video dos nenos e nenas de 6º coa colaboración de Colin (o auxiliar de conversa) dicindo a palabra paz en varios idiomas.

Os nenos e nenas elaboraron un precioso mural sobre XENTE EXTRAORDINARIA que coas súas accións sirven de exemplo ou motivan aos demais a superarse e loitar por un mundo mellor. Os nenos e nenas de infantil buscaron información sobre JACQUES COUSTEAU, en 1º e 2º elaboraron un bonito mural sobre a iniciativa COGE3, os de 3º e 4º traballaron sobre ADRIÁN MARTÍN e en 5º e 6º a persona escollida foi DAVID AGUILAR. Ademais en 6º aportaron dous traballos sobre WANGARI MAATHAI e os CORRESPONDENTES DE GUERRA. Na biblioteca do centro temos expostos libros sobre a paz, convivencia e valores.

23/01/18

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Este é o título do proxecto monográfico que imos levar a cabo durante o segundo e terceiro trimestre dende a biblioteca.
 Este proxecto está adicado á filosofía e o proceso de aprendizaxe e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso do pensamento e a actitude crítica así como ensinar aos nenos e nenas a pensar".
Obxectivos
-Motivar aos nenos e nenas cara ao proceso da mente, como desenvolver a intelixencia.
- Buscar información na rede sobre os pensadores/filósofos máis relevantes e os campos nos que desenvolveron as súas investigacións.
- Fomentar a curiosidade e a creatividade.
- Empregar a bibliografía sobre o tema, especialmente libros informativos, xogos de pensar, xogos de mesa, a internet.
- Traballar en equipo.
- Buscar a colaboración das familias para actividades relacionadas co tema.