05/02/13

OLLOS DE AULA

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística acaba de editar o número 4 da revista Ollos de aula con artigos moi interesantes para o alumnado/profesorado e familias.
Clica na imaxe para ir ao sitio web da CGENDL.


04/02/13

DÍA DA PAZ

No acto celebrado o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz, os nenos e nenas coa música do poema "IRMAUS" de Celso Emilio Ferreiro depositaron material escolar no CONTENEDOR DE ILUSIÓN para a poboación máis deprimida de Nicaragua.








Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
                                                  (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)