Tal como estaba previsto o día 12 de decembro as 12:00 horas e 12 minutos reunímonos todos os nenos/as, profesorado do cole e persoal non docente para que os nenos/as dende infantil ata 6º de primaria recitaran o poema "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro.
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
17/12/12
05/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)
desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter
colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa
palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza
universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de
Galicia.
OLLOS DE AULA
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á PÁXINA DA CGENDL
Chega o mes de decembro co Nº 3 de
Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL
para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal
ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta
son algúns dos contidos que atoparedes neste
Ollos de aula, unha revista que medra co voso apoio e as vosas propostas, que podedes achegar ao correo
ollosdeaula@gmail.com.
Non esquezades que podedes adaptala ao voso centro e ao voso
contorno, respectando o deseño orixinal, e que podedes difundila de
moitas maneiras, tal e como xa estades facendo:
- Imprimíndoa e enviándoa a todas as familias.
- Facendo unha “subscrición” das familias e enviándolla a aquelas que se mostren interesadas, ben por por correo electrónico ben impresa en papel.
- Imprimíndoa e deixándoa nos espazos do centro nos que se reciben ás nais e aos pais.
- Imprimíndoa e deixándoa no contorno do centro (salas de espera, bibliotecas públicas, bares...)
- Enviándoa á ANPA do centro para que a coñeza e distribúa (vía e-mail)
- Enviándoa ás Federacións de ANPAS dos concellos e ás concellerías de educación.
- Subíndoa á páxina web do centro en formato dixital.
- Colgándoa no blogue do Equipo e outros blogues do centro (Orientación, Biblioteca...).
- Enviándoa e repartíndoa entre os/as vosos/as compañeiros/as do centro escolar e doutros colexios e institutos.
- (...) E como estades facendo no voso centro?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)