21/11/17

MAGOSTO-DÍA DO PEÓN

Magosto.Dia do peón.Xogos populares.
Canción "Vive o Magosto" composta por José Manuel López Cabana

O día 13 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón (exposición de peóns decorados). Como en anos anteriores os nenos/as trouxeron unha presa de castañas que nos asaron na panadería da localidade (Panadería Covas). Tamén degustamos unhas castañas asadas á maneira tradicional pola nosa conserxe. Previamente os nenos e nenas fixeran uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (envases de leite).
 Canto nos souperon! 
  Cando as rematamos, todos xuntos bailamos a canción Vive o Magosto e disfrutamos de XOGOS POPULARES por estacións (corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guialo aro...). Agradecemos a axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria que contribuiron a que a actividade fora un éxito repartindo as castañas, axudando aos máis pequeniños a pelalas e exercendo de monitores nos xogos ensinando aos demais como xogar e coidando de que todos o pasaran ben.

07/11/17

MAGOSTO- DÍA DO PEÓN

  O vindeiro 13 de novembro o noso centro ten pensado celebrar:


Magosto



O SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos  O Samaín,  festividade relacionada cos defuntos e según a tradición  coa colleita e o outono. No centro mesturamos esta celebración co Halloween. Fixemos unha exposición de cabazas, pantasmas, morcegos... feitos polos nenos e nenas nos que lles pediamos que escribiran a que tiñan medo  ( " OS NOSOS MEDOS" ). Polo patio apareceron dúas bruxas (Mandarina e Berenxena) que axudaron a que todos os nenos e nenas do cole queimaran os seus medos nun gran caldeiro. Para rematar a festa os nenos/as e mestres con disfraces terroríficos bailamos a canción This is Halloween.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca en colaboración co Equipo de dinamización da Biblioteca. Este día Lolo, a nosa mascota,  apareceu no escenario e todos os alumnos/as déronlle a benvida. Tamén saiu  Brais o neno que o creou cando estaba en 1º de Educación Primaria (agora está en 5ª).
Lolo agradeceu o esforzo dos nenos e nenas polos traballos presentados na actividade "Que é para ti ler?" e presentou o conto que dramatizaron profesores/as do colexio "Corre, corre cabaciña".
Pasamos un día estupendo!


Que é para ti ler?.

A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis participamos na actividade "La vuelta al cole contra la leucemia infantil" organizado pola coa fundación unoentrecienmil . Os nenos e nenas do centro dimos unha volta ao patio co obxectivo de sensibilizar e concienciar da importancia que ten a investigación contra esta enfermidade.
Todo o alumnado de infantil e primaria acompañados polos profesores/as correron baixo a mirada dos pais/nais.
Gústanos colaborar con estas boas accións!



Volta ao cole contra a leucemia infantil from Bibliocovas on Vimeo.