O alumnado do terceiro ciclo explícannos neste programa en que consiste o PDI deste curso "Florece Covasmola".
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
30/05/25
26/05/25
VISITA Á GRANXA DO SOUTO 1° E 2°
Hoxe, o alumnado de 1° e 2 foi de visita á Granxa do Souto en Mera, onde fixeron moitas actividades: montaron a cabalo, coñeceron e coidaron moitos animais que viven alí.
Que importante é estar en contacto coa natureza! 🐎🐑🐄🐐🐤🐓🐇
23/05/25
TELE COVASMOLA PROGRAMA 3: "A DIVERSIDADE FUNCIONAL"
Neste terceiro programa, o alumnado do primeiro ciclo abordan o tema da diversidade funcional. Bravo rapaces e rapazas!!!! 👏👏👏
21/05/25
OS DO 21 - BÁGOAS DA TERRA
Seguimos coa celebración das Letras Galegas e a homenaxe ás cantareiras: hoxe recibimos unhas visitas moi especiais:
- "Os do 21" viñeron cantar con nós e ensinarnos algúns dos instrumentos que utilizan, sobre todo a pandeireta.
- "Bágoas da Terra" viñeron mostrarnos os nosos traxes tradicionais con todas as súas partes.
Grazas por axudarnos a manter viva a nosa tradición e os nosos costumes!!!
E grazas tamén á mestra Celia por ensaiar con nós un baile tradicional!
17/05/25
16/05/25
TELE COVASMOLA PROGRAMA 2: "DE VIAXE POLOS CASTELOS"
O alumnado de infantil conta neste segundo programa todo o que aprenderon sobre os castelos nun proxecto no cal estiveron traballando. 👑👑
15/05/25
GALICIA SABE A_MAR
Hoxe achegouse ao cole o Food Truck de GALICIA SABE A_MAR, coa colaboración da nosa ANPA, campaña da Xunta de Galicia para promover o consumo de produtos do mar, poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e o marisqueo e impulsar a súa venda.
Que cousiñas tan ricas proporciónannos os nosos mares!!!! Estaba todo delicioso!!!