O día 31 de outubro celebramos O Samaín, festividade relacionada cos defuntos e según a tradición coa colleita e o outono. No centro mesturamos esta celebración co Halloween. Fixemos unha exposición de cabazas, pantasmas, morcegos... feitos polos nenos e nenas nos que lles pediamos que escribiran a que tiñan medo ( " OS NOSOS MEDOS" ).
Polo patio apareceron dúas bruxas (Mandarina e Berenxena) que axudaron a que todos os nenos e nenas do cole queimaran os seus medos nun gran caldeiro.
Para rematar a festa os nenos/as e mestres con disfraces terroríficos bailamos a canción This is Halloween.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Amosando publicacións coa etiqueta 2017 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2017 b>. Amosar todas as publicacións
07/11/17
DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca en colaboración co Equipo de dinamización da Biblioteca. Este día Lolo, a nosa mascota, apareceu no escenario e todos os alumnos/as déronlle a benvida. Tamén saiu Brais o neno que o creou cando estaba en 1º de Educación Primaria (agora está en 5ª).
Lolo agradeceu o esforzo dos nenos e nenas polos traballos presentados na actividade "Que é para ti ler?" e presentou o conto que dramatizaron profesores/as do colexio "Corre, corre cabaciña".
Pasamos un día estupendo!
Que é para ti ler?.

A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
Un ano máis participamos na actividade "La vuelta al cole contra la leucemia infantil" organizado pola coa fundación unoentrecienmil . Os nenos e nenas do centro dimos unha volta ao patio co obxectivo de sensibilizar e concienciar da importancia que ten a investigación contra esta enfermidade.
Todo o alumnado de infantil e primaria acompañados polos profesores/as correron baixo a mirada dos pais/nais.
Gústanos colaborar con estas boas accións!
Volta ao cole contra a leucemia infantil from Bibliocovas on Vimeo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)