09/03/24

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8M

Para conmemorar esta data, fixemos varias actividades no centro. O EDLG proporcionou ás titorías material en galego con esta temática: marcapáxinas, actividades con mulleres galegas salientables, murais, escritura creativa, genially, cancións,...

- O alumnado de 5º fixo este póster colaborativo que colocamos na cristaleira do cole:

- O alumnado de 3º elaborou uns marcapáxinas e fixeron unha entrevista a unha muller admirable da súa vida:

- No contexto lingüístico de primeiro ciclo, elaboraron a biografía de mulleres viaxeiras que, ao igual que Willy Fog, deron a volta ao mundo dalgún xeito:

- O alumnado de infantil, nun dos recantos, traballou na zona Maker da nosa biblio, coas mesas de luz e a robótica, e coñeceron varias mulleres importantes da nosa historia:

- En 3 e 4 anos fixeron uns traballos preciosos sobre as súas nais, as mulleres máis poderosas das súas vidas:






- Na aula de 3 anos, debuxaron á muller máis importante para eles/elas:





- Con motivo do Día Internacional da Muller (8M) , o alumnado de 5º de Educación Primaria convidou a Nuria Lestegás ao colexio para facerlle unha entrevista. Esta actriz da Mariña forma parte do gran elenco de actores e actrices que interpretan o seu papel na recente película "O Corno". Grazas á súa entrevista, o alumnado puido coñecer algúns aspectos relacionados co cinema galego e tamén,darse de conta de que o traballo de actriz é moito máis que o que se ve diante das cámaras, é preciso moito traballo previo como ocorre en calquera profesión.




- Aproveitamos tamén esta data para dar visibilidade ás mulleres trans, xa que o 31 de marzo é o Día Internacional da Visibilidade Trans e expuxemos no taboleiro da entrada "Sen prexuizo" unha breve biografía dalgunhas destas valentes mulleres:





Ningún comentario: