01/11/23

SAMAÍN

SAMAÍN ZOMBIE 2023

Chegou o Samaín ao noso cole!!!! 👏💀🎃 Para festexalo fixemos unha chea de actividades:

- Pedimos ás nosas familias colaboración para facer unha exposición na cristaleira da entrada do colexio. A idea era facer manualidades en familia coa temática de Samaín, con material de refugallo, seguindo as nosas premisas Covasmola de reciclar e reutilizar. A participación foi extraordinaria!!!!! Grazas familias pola vosa colaboración!!!


- O EDLG ofreceu ás titorías diferentes propostas de material en galego relacionadas co Samaín para utilizar nas aulas (Breakout, libriño do Samaín, fichas de comprensión lectora, actividades con cancións,...)

- O martes 31 fixemos a celebración do Samaín no cole. A temática deste curso foron os "Zombies". O alumnado e profesorado acudimos ao colexio caracterizados con roupa reciclada e reutilizada. Os zombies invadiron o noso cole!!!! Que medo!!!! 😱😱

- Ao longo da mañá fixemos unha "Gymkana Zombie" con catro probas diferentes, dando así protagonismo ao xogo e a gamificación como base da actividade, seguindo as premisas do noso proxecto "Covasmola 3.0". As probas foron as seguintes:

    * "Pesca ollos zombie": tiñan que pescar coas cañas uns "ollos" decorados por eles/elas previamente nas aulas.

    * "Samaín dixital": xogos de robótica e nas tablets con vocabulario e temática de Samaín en galego.

    * "Aros musicais terroríficos": similar ao "xogo das cadeiras" pero con aros e con música de Samaín en galego.

    * "Circuito caza bichos": tiñan que facer un circuito polo ximnasio e, ao final, "cazar" bichos cun zalabardo.

Pasárono xenial!!!!! 

E, por suposto, cantamos e bailamos!!!! 🎵🎶💃😍

Ningún comentario: