26/05/19

OS MAIOS

     
     O día 23 os nenos e nenas de 1º,2º e 3º participaron nun obradoiro para a elaboración do Maio que impartiron integrantes de Asociación Campo de Urraca.
    O día 24 participamos na campaña dos Maios, organizada polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e o Concello en colaboración cos colexios: CEP Loís Tobío, EEI San Roque, CEIP Landro e máis o noso. A intención era traballar na recuperación da festa dos Maios que co paso dos anos foi perdendo valor.         
     Xuntámonos na Praza Maior onde cantamos e bailamos aos Maios e fixemos un pequeno percorrido por algunhas das rúas de Viveiro para rematar de novo na Praza Maior donde o Centro Comercial Histórico convidounos a un pequeno refrixerio. 
     Agradecemos ao Centro Comercial Histórico de Viveiro e ao Concello darnos a oportunidade de seguir conservando as nosas tradicións e damos as grazas aos intrgrantes da Asociación Campo de Urraca por aconpañarnos nesta celebración.
ensinando a elaborar o Maio

Ningún comentario: