20/01/20

RADIOCOVAS COS AVÓS E VOAS

      Dentro do proxecto da biblioteca:

            COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA 

estamos a traballar a COMIDA SAUDABLE.

     Os alumnos e alumnas de 6º   fixeron un programa especial. Entrevistaron a avós e avoas   para saber Como celebraban eles o Entroido cando eran pequenos.

     Ademais tivemos o enorme pracer de recibir a varios avós/avoas na nosa biblioteca e facer as entrevistas en DIRECTO.

      Pero o traballo non rematou aí.O alumnado de 6º dividido en equipos prepararon  unha presentación da celebración e comidas do Nadal en diferentes países (Xapón, Brasil, Italia, Estados Unidos, China e Rusia).

      Estas son as fotos do evento e en pouco tempo teremos o podcast e os videos.

      Agradecemos enormemente a colaboración aos avós/as de: Ariadna, Ana, María, Aldara e Marina.Moitísimas grazas


OS AVÓS/AS EN RADIOCOVAS from Radio Covas on Vimeo.

17/12/19

MERCADILLO SOLIDARIO - BANCO DE ALIMENTOS


      Os alumnos/as de 6º de primaria foron de visita ao MERCADILLO SOLIDARIO na Residencia de Maiores DOMUSVI.

      Xa fai varios anos que o colexio colabora con esta entidade. Os nenos e nenas do centro realizan diferentes traballos de plástica que logo venden no mercadillo para recaudar fondos para a CRUZ VERMELLA.

      Tamén colaboran outros centros e asociacións da zona e pode ser visitado polo público en xeral.

      Os traballos do colexio foron moi variados e creativos.











































O APALPADOR

  Na derradeira semana antes das vacacións de Nadal, tivemos a visita de residentes de DOMUSVI que viñeron contarnos  e dramatizar o libro ANTÓN E O APALPADOR. 
  Os nenos e nenas estiveron moi atentos á historia. Ao rematar,  saudaron aos maiores,que estaban encantados.












30/11/19

PRESENTACION SEMANA STEM

       O alumnado de 5º de primaria, que participou na SEMANA STEM, realizou na biblioteca do centro, unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares.Faláronnos de catro obradoiros:

       -PEGADA ECOLÓXICA
       -MICRO-BITS
       -ROBÓTICA
       -MAKEYMAKEY

      Os seus compañeiros de primaria seguiron con moito interese as súas explicacións . Ademais realizaron un experimento en directo comparando a contaminación das fábricas  coa contaminación dos seres vivos. 


































29/11/19

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

pintamos as uñas de cores from bibliocovas on Vimeo.

       Despois de ler e traballar nas aulas co libro   "Que vivan las uñas de colores" de Luis Amavisca e Alicia Acosta, todo o alumnado e profesorado pintamos as uñas de cores . 

     Con esta actividade queremos concienciar aos nenos e nenas da aceptación dos outros, a diversidade de gustos, eliminar os estereotipios de xénero, a libertade, tomar conciencia da propia identidade e a diferencia.


19/11/19

O PAÍS DOS MANDÓNS ( Teatro Ghazafelhos)

     O País dos Mandóns foi a obra escollida polas ANPAS dos colexios de Celeiro, Landro e Covas para seguir afondando no tema da igualdade.
      Fomos todos o cole e pasámolo xenial.