O alumnado de 3º a 6º de Primaria, participou na actividade "Pasando a bóla, xogando para cambiar", levada a cabo polo grupo A Xanela do Maxín promovida pola Consellería de Educación, onde participaron como actores e actrices representando e dando solución a diferentes formas de acoso escolar e traballando na súa prevención.
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
07/05/25
23/04/25
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL
Para conmemorar esta data, desde o Departamento de Orientación achégannos a lectura do libro "Cada un é especial", contado e ilustrado polo alumnado empregando o Kamishibai, "teatro de papel" orixinario de Xapón. 📖📖📖💖💖💖
En infantil fixeron uns marcapáxinas en forma de flor 🌼🌼🌼
12/04/25
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
O pasado xoves 10 de abril, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata Xove onde, xunto a outros centros da Mariña, desfrutaron dunha xornada de convivencia e Educación Física dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia: fixeron un tramo da Xove Costa Trail, xogos, actividades e degustaron produtos do mar gracias a "Galicia sabe a Mar".
11/04/25
IV RUTA DIVERCOVASMOLA: LECTURA E FAMILIAS
Este mércores, 9 de abril, fixemos unha nova Ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias da nosa Bibliocovas.
O alumnado de Educación Infantil fixo unha ruta de media hora e o de Primaria de dúas horas. Despois xuntámonos no parque Pernas Peón para merendar tod@s xunt@s.
Que marabilla poder gozar da nosa contorna!!!! 🏃🏃🏃
07/04/25
DÍA DAS TORTILLAS NO COLE
En Viveiro o domingo anterior a Domingo de Ramos, celebramos o día das tortillas: unha xornada para degustar tortillas no campo, na praia, na montaña, nos parques,... en familia e con amig@s.
Pois no cole celebrámolo este luns, degustando as tortillas tod@s xunt@s no patio, seguindo as tradicións da nosa vila!!! 😋😋😋
















































