04/04/25

EXCURSIÓN DE INFANTIL

Este martes, o alumnado de infantil visitou o Museo Fortaleza San Paio de Narla en Friol: grazas ás guías do museo coñeceron moitos dos costumes e traballos da zona con diferentes aperos de labranza e gandeiros, mobles, roupa e obxectos da época, antigos carros para transportar persoas e ata unha "mazmorra" con cadeas! Tamén subimos á torre do castelo! Grazas por facer tan amena esta visita, aprendemos un montón!!! 😍😍

Despois tivemos tempo para xantar e xogar nun entorno fluvial privilexiado frente ao Castro Friulio!















03/04/25

VISITA DE 3° E 4° A VIVEIRO

Este mércores o alumnado de terceiro e cuarto foi visitar a nosa vila. Da man de Noela descubriron moitas curiosidades que descoñecían.

Grazas á nosa Anpa por facer posible esta actividade!!! 😍😍😍😍








02/04/25

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO: 2 DE ABRIL

 Para conmemorar esta data, desde a nosa Bibliocovas propuxéronnos a lectura de "TEA", un marabilloso libro que nos permite "ver" o mundo desde a perspectiva das persoas con TEA. 💙💙💙🌈🌈🌈


















01/04/25

DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 DE ABRIL

 Para celebrar este día, fixemos varias actividades:

- O alumnado pintou os muros interiores do cole con motivos de mobilidade, un dos eixes do noso Covasmola.

- As familias pintaron xogos tradicionais no patio.

- Étor fixo un mural precioso no patio, unha compañeira chea de flores á que o alumnado do cole poñerá nome seguindo unha votación.

- O EDLG proporcionou material en galego ao profesorado para traballar nas aulas a figura de Isaac Díaz Pardo, autor homenaxeado este ano.