17/05/16

XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS"

Xa saiu o último número do xornal escolar "O Charlatán de Covas", este curso o tema central eran os seres fantásticos e o personaxe homenaxeado Manuel María.
Grazas a todos os nenos e nenas por este gran traballo.




O CHARLATÁN DE COVAS PARA DESCARGAR (preme na frecha que tes na parte inferior do documento)

15/05/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós. Grazas!

11/05/16

BUSCANDO A CERVANTES


busca tesouro cervantes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Para conmemorar o Mes dos Libros organizamos unha busca do tesouro sobre Cervantes.Os nenos e nenas de 5º e 6º foron quen de resolver as preguntas sobre a vida e obra de Cervantes na biblioteca.
Previamente tiveron que apuntarse e investigar sobre o escritor.
As probas consistiron en preguntas de busca pola biblioteca, liña do tempo, mapas, consulta na CDU, escribir obras de Cervantes, buscar libros sobre as obras do escritor...
Os grupos que lograron resolver todas as preguntas correctamente e en menos tempo foron os gañadores.
Estas fotos son dos alumnos/as de 6º curso de primaria e que tiveron a sorpresa de Luke, o noso auxiliar de conversa durante o curso 2012-2013 que estivo no colexio con motivo da súa visita a Viveiro.

29/04/16

O RESTAURANTE FARRUCO

Os nenos e nenas de 5º curso de primaria puxeron o broche final ao Mes dos Libros cunha representación da obra "O restaurante Farruco" de Chus Pereiro. Todos no centro disfrutamos desta fantástica actuación duns verdadeiros artistas. Noraboa a todos os nenos e nenas de 5º!

28/04/16

VIDEO DA EXPOSICIÓN "PALABRAS NOSAS"

Este é unha pequena mostra dos estupendos e creativos traballos feitos polos alumnos/as e as súas familias. Aínda estamos a recibir máis traballos para a exposición... animádevos! Podedes ver a exposición no colexio... estamos esperando!
Palabras nosas from MisisRoller on Vimeo.

27/04/16

MINI E MERO CANTARON A MANUEL MARÍA

Onte tivemos a visita de Mini e Mero, dúo de cantautores e mestres da Terra Chá.
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo  A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".