10/04/13

MATERIAIS SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


O CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol elaborou este Lim sobre Roberto Vidal Bolaño. Moitas grazas por compartilo con nós.

A coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística pon á nosa dispor recursos para traballar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Preme na imaxe

O Seminario Galán ofrécenos recursos para traballar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Bota unha ollada ás actividades en liña.
SEMINARIO GALÁN 

Actividade recollida no Repositorio do ESPAZO ABALAR.

Xogo sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño feito por Xosé Antón Vicente Rodríguez.


05/02/13

OLLOS DE AULA

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística acaba de editar o número 4 da revista Ollos de aula con artigos moi interesantes para o alumnado/profesorado e familias.
Clica na imaxe para ir ao sitio web da CGENDL.


04/02/13

DÍA DA PAZ

No acto celebrado o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz, os nenos e nenas coa música do poema "IRMAUS" de Celso Emilio Ferreiro depositaron material escolar no CONTENEDOR DE ILUSIÓN para a poboación máis deprimida de Nicaragua.








Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
                                                  (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)


17/12/12

ACTO DO RECITADO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Tal como estaba previsto o día 12 de decembro as 12:00 horas e 12 minutos reunímonos todos os nenos/as, profesorado do cole e persoal non docente para que os nenos/as dende infantil ata 6º de primaria  recitaran o poema "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro.




05/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO






  Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

OLLOS DE AULA


 PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á PÁXINA DA CGENDL
 
Chega o mes de decembro co Nº 3 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta son algúns dos contidos que atoparedes neste   Ollos de aula, unha revista que medra co voso apoio e as vosas propostas, que podedes achegar ao correo  ollosdeaula@gmail.com.
Non esquezades que podedes adaptala ao voso centro e ao voso contorno, respectando o deseño orixinal, e que podedes difundila de moitas maneiras, tal e como xa estades facendo:
  • Imprimíndoa e enviándoa a todas as familias.
  • Facendo unha “subscrición” das familias e enviándolla a aquelas que se mostren interesadas, ben por por correo electrónico ben impresa en papel.
  • Imprimíndoa e deixándoa nos espazos do centro nos que se reciben ás nais e aos pais.
  • Imprimíndoa e deixándoa no contorno do centro (salas de espera, bibliotecas públicas, bares...)
  • Enviándoa á ANPA do centro para que a coñeza e distribúa (vía e-mail)
  • Enviándoa ás Federacións de ANPAS dos concellos e ás concellerías de educación.
  • Subíndoa á páxina web do centro en formato dixital.
  • Colgándoa no blogue do Equipo e outros blogues do centro (Orientación, Biblioteca...).
  • Enviándoa e repartíndoa entre os/as vosos/as compañeiros/as do centro escolar e doutros colexios e institutos.
  • (...) E como estades facendo no voso centro?