03/02/26

DÍA DA PAZ 2026 no Covasmola

O día 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, no noso centro desfrutamos do RECANTO DOS DESEXOS COMPARTIDOS.  Ao longo da semana, o alumnado elaborou pombas de origami, nas que escribiron no seu interior un desexo de paz. 

Estas pombas foron penduradas nas árbores, convertíndose nas súas follas e enchendo o espazo de mensaxes cheas de ilusión e esperanza. Ademais, cada clase escolleu de maneira conxunta un desexo de paz, compartido por todo o grupo, fomentando así a reflexión colectiva e os valores de respecto e solidaridade. 

Dende o noso centro agardamos que todos estes desexos se cumplan... 

Bo día da paz!