O pasado luns 10 de novembro, o noso cole encheuse de alegría e tradición coa celebración do Magosto. O alumnado puido gozar dunha degustación de castañas asadas, un auténtico manxar! Queremos agradecer especialmente á Panadaría de Covas pola súa colaboración para facer posible esta actividade.
Mentres o alumnado saboreaba as castañas, un grupo de músicos amenizou o ambiente, enchendo o patio de ritmo!
A xornada completouse cun baile grupal e xogos populares, nos que participaron tanto o alumnado de Infantil como de Primaria.
Foi unha mañá chea de música, risas e tradición galega, que nos recorda a importancia de manter vivas as nosas raíces e celebrar xuntos as nosas festas máis queridas...
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

