02/10/25

"Peixe fresco do día" de Micromina teatro de títeres

 Hoxe tivemos a sorte de recibir no cole de Covas a Micromina co espectáculo "Peixe do Día". Todo o alumnado do centro puido desfrutar dunha representación chea de humor e aprendizaxe.

A través dos monicreques, abordouse a problemática dos residuos no mar e as consecuencias que teñen estas accións. Foi unha maneira divertida e diferente de concienciar aos nenos e nenas sobre o coidado do medio ambiente.

Unha experiencia que nos fixo rir e sobre todo reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta! 💙💧




20/06/25

IV ROMARÍA COVASMOLA

Para celebrar o último día do curso, fixemos a nosa IV Romaría Covasmola!!!!

Cada aula propuxo un xogo: circuito de mobilidade, escondite inglés, relevos, movemos o esqueleto, dachball, roubar o rabo, atrapa a bandeira e o pano. Todas as aulas ían pasando por todos os xogos.

E, despois de tanto xogar, chegou o momento de preparar a nosa parva: bocadillos de pavo, queixo, tomate e leituga e tamén brochetas de froitas variadas!

Pero antes disto, o día anterior, un grupo de alumnado foi facer a compra de todo o que precisábamos no comercio local!

Bo verán a tod@s e vémonos á volta!!!! 😎🌞
































19/06/25

MICROMINA TÍTERES

 Hoxe recibimos a maxia do teatro de monicreques feitos de xeito artesanal da man de Micromina títeres e a súa obra "Raio de Loubican".

Que ben o pasamos e descubrimos algún dos segredos do manexo dos monicreques!! 😉😉










18/06/25

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Dende o Departamento de Orientación, déixannos estas recomendacións para facer no verán! 😍🌞🍦