27/10/19

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA





 Este ano tivemos unha actuación moi moi especial.

   Os nenos e nenas de 5 anos escenificaron a canción "UNHA VELLA TIÑA UN CAN" (Conto tradicional galego adaptado por Xosé Ramón Mariño Ferro).
     Á escea saíron unha morea de animais: porcos, burros, gatos, paxaros... e ata un lobo. E Por suposto non podía faltar unha avoa (neste caso dúas).
    Foi todo un espectáculo e o público pasouno de marabilla.

    Noraboa a estes pequenos actores e actrices!






 Ademais todos os nenos/as, profesorado e personal non docente foron agasallados cun marcapáxinas que levaba un debuxo referido ao proxecto deste curso "COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA".




14/10/19

DÍA DAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.


Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.


 
 
Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A Asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twitter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.

 
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

29/09/19

SEMANA POLO CLIMA

A Semana do 23 ao 27 de setembro celebramos a Semana polo Clima na que tratamos de concienciar á comunidade educativa sobre a urxencia de tomar medidas contra a emerxencia climática.


Os nenos e nenas do colexio puxeron o seu gran de area pidindo:
XUSTIZA CLIMÁTICA. 


STOP CONTAMINACIÓN!  


COIDEMOS O NOSO PLANETA! 

POR UN PLANETA SEN LIXO! 


O luns 23 gardamos un minuto de silencio polo clima, o martes todos vestimos unha camiseta verde, o mércores vimos videos sobre o tema, o xoves realizamos cartaces polo clima e para rematar o venres fixemos unha xuntanza para compartir os nosos traballos. E para rematar a celebración gravamos un novo programa de Radiocovas.

01/07/19

RADIOCOVAS

     O día 19 de xuño foi a presentación da nosa radio: RADIOCOVAS.
     Os nenos e nenas de 5º fixeron un programa, que se gravou en directo na biblioteca, ante un público formado por todo o alumnado e profesorado do colexio e que tiña como obxectivo a presentación oficial da emisora de radio.
     Foi un programa moi especial con entrevistas, presentacións, recitado de poemas, cancións... e algunha que outra sorpresa como o visionado dun video con tomas falsas das gravacións dos diferentes programas de radio.
     Montouse a emisora no medio da biblioteca con dúas mesas, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, auriculares, megafonía e un micrófono de pé para os "invitados ao programa".
Hugo de 6º deseñou o logo de RADIOCOVAS, Jonatan falou dos últimos días no cole dos nenos e nenas de 6º, Uxía Pena explicou en que consisten os Patios Dinámicos, falaron do proxecto LÓVA, María de 5 anos recitou o poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro e todos xuntos cantamos "Catro vellos mariñeiros" canción emblemática do noso pobo, Viveiro.


RadioCovas (parte I) from bibliocovas on Vimeo.
RadioCovas (parte II) from Radio Covas on Vimeo.

20/06/19

ÓPERA: " UN CIRCO NAS NUBES" ( PROXECTO LÓVA)


LOVA

       O 14 de xuño, a compañía de ópera DIAMANTE dentro do proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje), estrenou a súa primeira obra "Un circo nas nubes".
      A estrea foi no teatro Pastor Díaz de Viveiro ante as familias , autoridades, profesorado invitado,compañeiros e alumnado doutros centros como Santa Rita de Galdo, Lois Tobío, Celeiro e Landro ademais do profesorado.
      Foi todo un espectáculo creado e feito íntegramente polos nenos e nenas de 4º de primaria. A ópera tiña como tema a felicidade e foi un completo éxito.
      Parabéns a toda a compañía!

14/06/19

Día de Arte Galega na Escola

     O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola, unha data moi especial na que homenaxeamos a Luis Seoane.
     Todos os anos traballamos sobre unha técnica e tema diferente relacionado co proxecto da biblioteca. Este curso o PDI titúlase DESCUBRINDO VIVEIRO e decidimos facer unha maqueta de Viveiro modelando os lugares e monumentos máis representativos do noso concello (Viveiro feito por nós)
      Traballou todo o alumnado distribuido en 18 grupos interclases ( en cada grupo había nenos/as dende 3 anos ata 6º) guiados por un/ha profesor/a. Os grupos empregaron arxila, pastilina, materiais diversos...
      A actividade realizouse dentro das dependencias do centro ante o risco de choiva.

Como podedes ver nas fotos o resultado é ... espectacular!