16/02/23

PREPARANDO O ENTROIDO

 BOTÓNS COVASMOLA 🎈🎉🎊

Este curso, seguindo os valores propostos no noso PDI Covasmola 2.0, disfrazámonos de botóns, baseándonos no conto "Un puñado de botones" de Carmen Parets Luque, que fala da diversidade familiar:


Para elaborar os nosos disfraces, trouxemos telas, manteis, sabas ou retais vellos da casa, seguindo a nosa premisa de reutilizar, e organizámonos en talleres misturando alumnado de tódalas aulas, dende 4º de infantil ata 6º de primaria, así foi máis divertido!










Tamén decoramos o cole:






E na aula de música prepararon a nosa Alpuxarrada "Botóns Covasmola" que cantaremos o próximo venres no parque Pernas Peón despois do desfile! 👏🎤🎵🎶


O alumnado de 1º ciclo (1º e 2º de Primaria), traballaron no contexto lingüístico o entroido galego e algunhas das súas personaxes típicas:





Tamén gravaron no croma uns refráns típicos do entroido galego. Pero que artistas! 

15/02/23

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Colaboramos de novo coa Fundación Aladina e a campaña "Pañuelo Challenge". O alumnado e profesorado viñemos ao cole cun pano na cabeza en apoio aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade e diseñaron o seu propio pano para levar á casa e facer partícipes ás familias para que fixeran unha donación e así colaborar na investigación desta enfermidade.





11/02/23

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O alumnado de 3º e 4º e 5º e 6º, conmemoraron esta data mediante actividades moi interesantes que fixeron nos contextos humanístico e científico:

O alumnado de 3º e 4º fabricaron unha brúxula para orientarse polo colexio, observando como marcaba o norte magnético.




No contexto científico puxeron de manifesto o interese polas ciencias, tanto por parte das nenas coma dos nenos: diseccionaron un  fígado de polo para comparalo co dun humano, fixeron unha presentación e exposición sobre un  sistema do corpo humano e convertíronse en doutores por un día.




01/02/23

RECEITAS DE COCIÑA

O alumnado de primeiro ciclo (1º e 2º de Primaria) estivo a traballar as receitas de cociña no contexto lingüístico e quixeron comartir con nós estas dúas receitas que teñen unha pinta estupenda! 


30/01/23

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da paz, fixemos varias actividades, seguindo o PDI Covasmola 2.0:

Dende o EDLG propuxemos facer o "Whatssap Covasmola": trátase dun "buzón" en forma de teléfono móbil onde o alumnado pode deixar as súas mensaxes de cómo se sinten, se queren contarnos algo, suxerencias para a mellora do cole,... de forma anónima, só poñendo o curso. Fixemos a súa inauguración o Día da paz, pero quedará colocado ao lado da porta de saída ao patio durante todo o curso.




No contexto lingüístico de 5º e 6º fixeron carteis con frases célebres sobre a paz e que colocamos na galería do cole a modo de exposición: 






En infantil, seguindo o proxecto que están a facer sobre o pintor Pablo Picasso, fixeron  uns murais da súa pomba da paz e quedaron así de bonitos: 😍



No contexto lingüístico de 1º e 2º están a traballar as receitas e fixeron unhas deliciosas "Receitas da paz":







E, por suposto, non podía faltar o movemento. Quixemos adentrarnos no Tai Chi, práctica oriental ancestral que mellora a respiración e meditación a través do movemento.



26/01/23

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O alumnado de 6º de Primaria, recibiu hoxe unha charla moi interesante sobre educación afectivo-sexual da man do Dr. Miguel Piñán.



Tamén o alumnado de 5º e 6º fixeron unha campaña publicitaria de sensibilización de diversidade afectivo-sexual.