16/12/25

"PALABRA DO ANO 2025"

O noso alumnado participou na votación organizada pola Real Academia Galega (RAG) para escoller a Palabra do Ano 2025. Os nenos e nenas debatiron e votaron entre as diferentes propostas ata decidir cal sería a palabra elixida polo grupo.

Esta actividade resultou unha moi boa oportunidade para reflexionar sobre o uso da lingua galega, o significado das palabras e a súa presenza na nosa vida cotiá. 

Agora só queda estar atentos ao resultado final! Cal será a palabra do ano 2025?





12/12/25

Visita ao Belén

Onte realizouse a tradicional saída ao Belén de Viveiro, unha actividade moi especial que nos permitiu coñecer de preto as tradicións do Nadal e unha gran variedade de oficios tradicionais representados ao detalle!

Os nenos e nenas desfrutaron observando as escenas, descubrindo cómo se vivía antigamente e recoñecendo elementos da nosa cultura. Foi unha xornada moi enriquecedora tanto para o alumnado como para as mestras e mestres! 

Xa queda pouco para o Nadal... felices festas!









03/12/25

Traballo colaborativo polo 20N

Con motivo da conmemoración do 20N, Día universal da Infancia, a profe Rebe quixo dar voz ao alumnado para reflexionar sobre os seus dereitos. O alumnado de 3º e 6º de Primaria realizou un proxecto colaborativo no que expresan, a partir das súas creacións, a importancia de coidar e defender os dereitos dos nenos e nenas. 

Aquí vos deixamos o seu traballo para que podades desfrutalo tanto coma nós! Noraboa equipo!