Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

06/06/19

UN XANTAR DE VERSOS (MICRORREDE DA MARIÑA)


      A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integran o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

     No noso colexio en concreto, a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

     Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

     Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!
 
     Os nosos traballos estiveron expostos no colexio e despois na exposición colectiva realizada en Viveiro.A inauguración foi o día 4 coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

      Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro e recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

     Durante os días da exposición realizarónse diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
     A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

     O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e a lectura do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

.


















26/11/18

Luz Pozo Garza, filla adoptiva de Viveiro

A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Naceu en Ribadeo pero aos 8 anos viuse vivir a Viveiro.

BIOGRAFÍA


14/02/14

ROSEIRA DO TEU MENCER POR ALBA Mª

Este é o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez adicou á súa filla Colorín. Alba Mª de 6º curso de primaria e gran afecionada á poesía adaptou e ilustrou quedando un gran traballo. Grazas Alba por compartilo con nós.

31/05/13

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DA ACTIVIDADE "PRIMAVERA DE POEMAS"

Dende o día 13 ao 16 de maio estiveron expostos todos os traballos feitos polas familias dos nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña. Todos os días houbo algunha actuación tanto dos alumnos/as como de profesoras. Esta actividade chamada "Apadriña unha poesía" é un proxecto conxunto entre os centros da zona: CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP de Cervo, CEP Lois Tobío, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP Pedrosa Latas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque e o CEIP Plurilingüe de Covas. Agradecemos a todas as familias que participaron, profesorado e aos nenos e nenas que fixeron traballos moi orixinais.