Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións

06/06/19

UN XANTAR DE VERSOS (MICRORREDE DA MARIÑA)


      A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integran o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

     No noso colexio en concreto, a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

     Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

     Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!
 
     Os nosos traballos estiveron expostos no colexio e despois na exposición colectiva realizada en Viveiro.A inauguración foi o día 4 coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

      Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro e recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

     Durante os días da exposición realizarónse diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
     A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

     O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e a lectura do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

.


















05/05/19

DESCUBRINO VIVEIRO - EXPOSICIÓN FOTOS-



VIDEO


                                                 Proxecto "Descubrindo Viveiro".
Xa temos o video da Exposición de fotos de Viveiro aportadas polas familias . Acompañamos as fotos coa canción "Catro vellos mariñeiros" típica de Viveiro e cantada polos nenos e nenas do colexio.
Vendo estas fotos os nenos e nenas  poden facerse unha idea do cambio do noso pobo dende os anos 50 do século pasado ata a actualidade.


Queremos agradecer as familias a súa colaboración.
A exposición pode verse na entrada do colexio.
Non deixedes de visitala!