Todos os xoves, na hora de ler, as familias do alumnado de Educación Infantil, sorpréndenos cun conto.
Os nenos e nenas de cada aula esperan entusiasmados que os pais, nais, irmáns... conten o conto que traen preparado da casa.
Con esta actividade non só favorecemos a relación familia-escola, tamén fomentamos o interés e o pracer pola lectura dos máis pequenos.
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
28/03/19
DÍA DA POESÍA
CARTEL DAS FESTAS DE COVAS
O noso alumnado participou no concurso convocado pola Comisión de Festas de Covas para deseñar o cartel das Festas de San Xoán.
O cartel gañador foi o que deseñou Sara López de 6º de primaria con un debuxo moi colorido cos tres motivos obrigatorios para o cartel: a sardiña, a lumeirada e o monumento dos Castelos.
O premio ao deseño máis orixinal foi para Marco de 6º, en 5º gañou Ariadna, en 4º Xoel, Clara foi a gañadora de 3º, Dani Veloso de 2º e Sabela de 1º.
Grazas á Comisión das festas de San Xoán polos agasallos!
NORABOA AOS PREMIAD@S E GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPARON

SEMANA DA PRENSA
Celebramos a semana da prensa con moitas actividades nas aulas tanto con xornais impresos como dixitais e en diferentes idiomas...
Como broche final tivemos a visita do director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira.
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos e fixeron unha morea de preguntas.
Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" no que estamos a traballar.
Na área de Educación Física fixeron disfraces cos xornais de xeito cooperativo.
Tamén xogaron empregando os xornais como material lúdico: carreiras cos xornais pegados, como cesta para xogar coa pelota, como raqueta....
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos e fixeron unha morea de preguntas.
Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" no que estamos a traballar.
Tamén xogaron empregando os xornais como material lúdico: carreiras cos xornais pegados, como cesta para xogar coa pelota, como raqueta....
06/03/19
ENTROIDO
No Entroido traballamos as festas e romarías de Viveiro.
O MECO (neste ano unha sardiña) mandounos traer accesorios durante toda a semana.
O venres fixemos un gran desfile polo PASEO MARÍTIMO DE COVAS, chegando ata o PARQUE PERNAS PEÓN os nenos/as e profes cantaron as coplas do Entroido , bailaron e escenificaron
as coreografías asociadas aos disfraces.
Os pais/nais e familiares acompañaron o desfile así como unha representación de residentes de DOMUSVI .
Os nenos e nenas de infantil cheos de colorido ian de MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL (3 anos de Rusia, 4 de Kenia e 5 de Brasil).
Así de simpáticos estaban os nenos e nenas de 1º e 2º celebrando a romería de NASEIRO, con polbo e todo.
Un ENTERRO DA SARDIÑA con autoridades e choronas representaron os alumnos/as de 3º e 4º.
Os nenos e nenas de 5º e 6º ian disfrazados de RESSURECTION FEST, un festival emblemático que se celebra na cidade do Landro.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)