20/12/23

VISITA AO BELÉN

Este mércores, seguindo as premisas do noso Covasmola 3.0, camiñamos cara ao Belén de Viveiro. Descubrimos moitos dos oficios artesanais dos nosos antepasados e puidemos observar as imaxes articuladas. Encantounos!!!! 😍😍😍


















19/12/23

O APALPADOR

Hoxe recibimos unha visita moi especial: O Apalpador!!! O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, escoitaron a súa historia e entregáronlle as súas cartas!!! ✉✉✉

Grazas aos residentes e persoal da Residencia Domus VI por esta marabillosa visita!!!








15/12/23

CP INCLÚE EMOCIÓNA-T: XOGANDO COAS EMOCIÓNS

 A través do CP Inclúe-Emocióna-t, o xoves e venres, o alumnado de Primaria participaron no cole duns obradoiros sobre as emocións. Da man de "La Ciudad Educativa" de Burela, adentráronse na xestión emocional a través do xogo, seguindo as premisas do noso Covasmola 3.0:

- Unha escape room para 3º, 4º, 5º e 6º. A historia da escape room é a seguinte: os alumnos/as foron seleccionados por un laboratorio científico para participar nun programa experimental sobre emocións. Sen embargo, un accidente no laboratorio provocará un escape dun gas que afectará emocionalmente a toda a humanidade e só quedarán eles/as para atopar o antídoto. Pero teñéno que facer antes de 40 minutos senón queren que esa situación sexa permanente. Os que mantiveron a calma e traballaron en equipo, conseguiron superalo, pero non tod@s...


- Un Pictionary emocional para 1º e 2º onde cada grupo representa unha escea (sen falar) sobre unha emoción e o resto terá que adiviñar cal é esa escea e como a xestionaría. Dase un punto por descubrir a situación inicial e outro pola resposta máis orixinal (que deciden entre profesorado e o grupo que represente nese momento). O grupo que máis puntos obtivo foi nominado como o "Delegados emocionais da clase". Fixérono xenial!




















14/12/23

MERCADILLO SOLIDARIO DOMUS VI

Este ano, unha vez máis, participamos no mercadillo solidario que organiza Domus VI para colaborar coa campaña de recollida de xoguetes da Cruz Roja. Todas as aulas fixeron adornos de Nadal para o mercadillo e, este xoves, o alumnado de sexto foi de visita a coñecer o mercadillo solidario e, de paso, mercar algúns adornos.





13/12/23

CACHARELA DE COVAS

Este martes, tivemos a visita da Asociación Cultural Cacharela de Covas. Ensináronnos os instrumentos musicais tradicionais que utilizan e como soan. Ademais animaron ao alumnado a asisitir á asociación e aprender a tocar estes instrumentos!