Este mércores o tempo non nos permitiu festexar os Maios co resto de coles da zona, pero non íamos perder a oportunidade de festexar esta data dentro do cole! 👏🌼🌺🌸
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
26/05/23
23/05/23
PARTE METEOROLÓXICO: TELE COVASMOLA!!!!
O alumnado de infantil fálannos da primavera cunhas fotos preciosas enviadas polas súas familias e co parte meteorolóxico. 🌞🌈🌅🌄⛅⛆⛈
17/05/23
LETRAS GALEGAS 2023 - TELE COVASMOLA!
Inauguramos a nosa "TELE COVASMOLA" cun programa especial das Letras Galegas adicado a Francisco Fernández del Riego, feito no contexto lingüístico de primeiro e segundo. Que ben o fixeron! 👏👏👏
Seguiremos taballando facendo novos programas da "TELE COVASMOLA"!!!! 📺😍
16/05/23
LETRAS GALEGAS
Estamos a piques de celebrar un día moi importante para nós: O Día das Letras Galegas. Para comezar a celebrar esta data, fixemos xa varias actividades:
- O alumnado de 6° fixo este mural colaborativo de Francisco Fernández del Riego:
- Nas aulas tamén traballaron este día con diferentes actividades tanto dixitais coma en papel:
- Seguindo a premisa do noso Covasmola 2.0, fixemos unha exposición na cristaleira do cole con palabras en galego que teñen que ver cos sentimentos. Cada aula elaborou dúas palabras e así de bonitas quedaron:
02/05/23
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Hoxe celebramos o "Día internacional contra o acoso escolar" e o alumnado de 5º entrevistou na Radio Covas a Andrea Bechlian, especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.